Data de emisión: 02 xaneiro 2012

ARCOS Y PUERTAS MONUMENTALES

CONSULTAR TARIFAS

ARCOS Y PUERTAS MONUMENTALES

HISTORIA

O arco ou porta da Macarena, situada no barrio que lle dá nome e próxima á basílica da Esperanza Macarena, foi unha das entradas á cidade amurallada de Sevilla. Posúe un único arco rematado por adornos cerámicos e nel destacan ornamentos clasicistas, froito de posteriores remodelacións.

A porta de Alcalá, foi mandada construír por Carlos III ao arquitecto italiano Sabatini. É unha construción de aspecto monumental e de estilo neoclásico, conformada por cinco arcos, os tres centrais de medio punto e os dous do extremo alintelados. Esta icona de Madrid, sitúase na praza da Independencia.

O arco de Santa María de Burgos é unha das súas oito portas e foi construída en honor de Carlos V. Presenta unha monumental portada de estética renacentista, enmarcada entre dous potentes cubos cilíndricos e sobre o seu arco de medio punto, poden verse, a modo de retablo, distribuídas en fornelas diversas estatuas de personaxes vinculados á historia medieval da cidade.

A porta ou torres de Serranos, unha das doce portas coas que contaba Valencia nas súas murallas, son de inspiración gótica e a súa construción débese ao mestre Pere Balaguer, quen as iniciou en 1392 e as concluíu en 1398.

O arco do Triunfo de Barcelona foi concibido como entrada principal á Exposición Universal de 1888. É obra do arquitecto Vilaseca i Casanovas e a súa construción é neomudéxar.

A porta de Palmas de Badaxoz encóntrase enmarcada entre dúas torres ameadas de planta circular. É do século XVI e serviu de prisión real no século XIX.

A porta de Bisagra de Toledo é de orixe musulmá e foi reconstruída durante os reinados de Carlos V e Filipe II por Alonso de Covarrubias no século XVI, polo que é renacentista. Está formada por dous corpos separados por unha praza de armas.

O arco de Bará é un arco de triunfo romano situado sobre o trazado da Vía Augusta. Consta dun arco de medio punto e construíuse en tempos de Augusto.