Data de emisión: 07 xuño 2012

CENTENARIO DE LA ARMERÍA ESKOLA

CONSULTAR TARIFAS

CENTENARIO DE LA ARMERÍA ESKOLA

HISTORIA

Ao cumprirse o Centenario da Armería Eskola, de Eibar (Guipúscoa), ponse en circulación un selo conmemorativo que reproduce un motivo alusivo á institución.

En 1912, e por iniciativa do Concello de Eibar, creouse a Armería Eskola ou Escola de Armería co fin de apoiar o desenvolvemento industrial desa localidade guipuscoana e da súa comarca. A escola naceu co propósito de compaxinar nos seus estudos a teoría e a práctica, de forma que foi o primeiro centro profesional español onde as ensinanzas teóricas se uniron á aprendizaxe dunha profesión. Para desenvolver o proxecto tomouse como modelo a Ecole d’Armerie de Liexa (Bélxica), adaptada ao modelo español.

Ao longo destes cen anos de historia, a escola foi evolucionando e adaptouse aos novos plans de estudo e formación acordes coas institucións oficiais. Desde os seus inicios e ata a década de 1960, a Escola de Armería de Eibar foi todo un referente dos centros de mecánica de precisión e armería de España. A partir desa data implantáronse novas especialidades de electricidade, electrónica, delineación e micromecánica. Posteriormente, engadíronse as especialidades de axudante de laboratorio e de controis de calidade. En 1980, e en colaboración coa Asociación de Antigos Alumnos e o empresariado da comarca, creouse a sociedade de investigación Tekniker, que é un dos centros de investigación máis importantes do País Vasco.

Na actualidade a Armería Eskola imparte dúas áreas formativas: ciclos de grado medio e ciclos de grado superior, con distintas especialidades en cada un dos ciclos.

En xaneiro de 2011, a cidade de Eibar recibiu, do Ministerio de Cultura e Innovación, o título de “Cidade da Ciencia e da Innovación”, como recoñecemento á súa colaboración ao desenvolvemento científico e tecnolóxico.