Data de emisión: 30 maio 2012

COCHES DE EPOCA

CONSULTAR TARIFAS

COCHES DE EPOCA

HISTORIA

Baixo o titular Coches de época ponse en circulación unha folla bloque, con catro selos, que reproduce algún dos vehículos máis populares e que máis contribuíron ao desenvolvemento da industria automobilista española.

En 1934 presentouse no Salón do Automóbil de París o Citroën C-11, un novo modelo de coche que, xunto ao Citroën C-7, incorporaba por primeira vez a Traction Avant ou tracción dianteira. Considerouse un vehículo moi avanzado para a época, xa que foi o primeiro automóbil de serie fabricado en carrozaría autoportante, na que o chasis e a propia carrozaría formaban unha unidade inseparable. Durante a Segunda Guerra Mundial interrompeuse a fabricación e regresou ao mercado en 1946. En xullo de 1957 cesou a produción deste modelo. A marca francesa instalouse en España, en 1957, coa denominación Citroén Hispania.

O Renault Dauphini presentouse con grande espectacularidade nos países europeos en 1956, alcanzando un éxito inmediato. De liña elegante, espazoso e con catro portas, creouse especialmente para uso familiar. Tiña motor traseiro e podía alcanzar ata 117 km/h. Achacóuselle falta de estabilidade. En España, entre 1958 e 1967, fabricáronse na FASA-Renault de Valladolid máis de 125.000 vehículos nas tres versións existentes: Dauphini, Ondine e Gordini.

O coche máis popular da década de 1960 foi, sen dúbida, o SEAT 600; un utilitario que marcou un fito na historia do automóbil en España. Concibido para a clase media que empezaba a emerxer, a súa fabricación comezou en xuño de 1957 e finalizou en 1973. El 600, seílla ou seíta, como se lle acostumaba denominar, supuxo o inicio da motorización masiva e un símbolo de liberdade. Dispoñía de dúas portas e tracción traseira e o único problema que presentou foi a refrixeración que, segundo o seu inventor, o italiano Dante Giacosa, se solucionaba con que estivese ben tensa a correa do ventilador. No noso país fabricáronse un total de 799.419 unidades.

O Simca 1000 presentouse en París en 1961. O seu deseño baseouse no estilo imperante da época: con motor e propulsión traseira, catro portas e catro asentos que permitían desprazar cinco persoas. O exterior tiña unhas proporcións equilibradas, a modo dunha pequena berlina con tres corpos que o fixo moi atractivo para o gran público. A estratexia comercial dirixiuse cara a un mercado familiar de mediados dos anos sesenta e principios dos setenta. En España fabricouno a Empresa Barreiros e da súa factoría de Villaverde saíron 205.429 vehículos.