Data de emisión: 18 xuño 2012

CUERPO DE ABOGADOS DEL ESTADO

CONSULTAR TARIFAS

CUERPO DE ABOGADOS DEL ESTADO

HISTORIA

En 1881, e ao amparo do Real decreto polo que se creaba a Dirección Xeral do Contencioso, nacía o Corpo de Avogados do Estado. Para conmemorar a efeméride, ponse en circulación un selo que reproduce o logotipo oficial deste corpo centenario.

O Corpo de Avogados do Estado é o órgano directivo dos servizos de asistencia xurídica ao Estado e a outras institucións públicas. A el correspóndelle o asesoramento, a representación e a defensa en xuízo do Estado e dos seus organismos autónomos, así como das demais entidades e organismos públicos, sociedades mercantís estatais e fundacións con participación estatal. Outra das funcións encomendadas fai referencia á asistencia xurídica en materia de Dereito da Unión Europea (UE), a representación e defensa do Reino de España ante os órganos xurisdicionais da UE, Tribunal de Dereitos Humanos e ante calquera outro órgano internacional competente en materia de salvagarda dos dereitos humanos. Así mesmo, correspóndelle a promoción de traballos de investigación e a organización de actividades que teñan como fin o estudo, a difusión e a formación do persoal. Finalmente, outro dos asuntos encomendados refírese á xestión económico-financeira e orzamentaria do Servizo Xurídico do Estado.

Para a representación e defensa do Reino de España ante os órganos xurisdicionais da UE, os avogados do Estado son nomeados expresamente polo ministro de Xustiza, a proposta do de Asuntos Exteriores e Cooperación.

Os avogados do Estado intégranse na Avogacía Xeral do Estado-Dirección do Servizo Xurídico do Estado, a cuxa fronte está o avogado xeral do Estado e están adscritos ao Ministerio de Xustiza. Forman o maior bufete do país.

O acceso ao corpo faise por oposición entre licenciados en Dereito. Poden utilizar o uniforme do corpo e cando actúan ante os xulgados e tribunais deben usar a toga e levar a placa e a medalla institucional.