Data de emisión: 12 novembro 2012

CUERPOS ADMINISTRATIVOS DEL ESTADO

CONSULTAR TARIFAS

CUERPOS ADMINISTRATIVOS DEL ESTADO

HISTORIA

Entre os traballadores ao servizo do Estado, que cumpren con funcións de interese xeral para a sociedade, figuran o corpo superior de administradores civís do Estado e o corpo superior de interventores e auditores do Estado. A ambos os grupos de profesións, funcionarios da Administración pública, se dedican estes selos que reproducen os emblemas oficiais das súas respectivas asociacións profesionais.

O corpo superior de administradores civís do Estado é un corpo xeneralista que realiza labores de xerencia pública, en contraposición aos corpos especiais ou facultativos que realizan funcións específicas, como poden ser o corpo de avogados do Estado, o corpo de enxeñeiros de camiños ou o corpo de estatísticos facultativos, entre outros. En 1984, coa entrada en vigor da Lei de medidas para a reforma de la función pública, tomou esta denominación e nel integráronse os funcionarios que pertencían ao corpo de técnicos de información e turismo e o corpo de técnicos da administración civil do Estado, coñecidos co acrónimo de TAC. Está adscrito ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e os seus profesionais realizan funcións de dirección, xestión e supervisión das políticas públicas, dotando a Administración dun armazón común que facilita a articulación dos seus distintos sectores. O traballo desenvólveno en ministerios, delegacións y subdelegacións do Goberno, Unión Europea e embaixadas. Unha das características do corpo é a existencia de catro ramas diferentes: xurídica, de ciencias sociais, económica e técnica.

O corpo superior de interventores e auditores do Estado adscríbese, igualmente, ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Ten establecidas en exclusividade funcións como: o control da actividade económico-financeira do sector público; a dirección da contabilidade pública; a auditoría e o control financeiro e o control de ingresos públicos. A este corpo corresponde a elaboración dos orzamentos xerais do Estado, traballos no Tribunal de Contas e informes sobre os fondos comunitarios, modificacións de crédito e déficit público. As tarefas desempéñanse na Intervención Xeral do Estado, intervencións delegadas dos ministerios, organismos autónomos, entes públicos e organismos internacionais.