Data de emisión: 16 outubro 2012

INTRAESTRUCTURAS POSTALES EN LA ÉPOCA COLONIAL

CONSULTAR TARIFAS

INTRAESTRUCTURAS POSTALES EN LA ÉPOCA COLONIAL

HISTORIA

En plena cordilleira dos Andes, e diseminadas ao longo da ruta internacional n.º 7, construíronse en época colonial unha serie de “casuchas da cordilleira” co fin de manter durante todo o ano as comunicacións postais entre Mendoza (Arxentina) e Santiago de Chile. A modo de refuxios de alta montaña, onde a mole andina alcanza unha altura media de 4.000 metros e os camiños se facían intransitables, as “casuchas” serviron de albergue para os correos e viaxeiros que cruzaban a gran cordilleira.

Por orde do goberno español en Chile, o capitán xeneral do Reino, Antonio Guill y Gonzaga, mandou construír a mediados do século XVIII as casas da cordilleira ou “Casas do Rei”. O proxecto de construción, coa descrición das características que debían de reunir os refuxios, foi realizado por Ambrosio O’Higgins, quen cunha delegación de funcionarios atravesara previamente as montañas en pleno inverno, vendo como moitos dos seus compañeiros sucumbiron polo frío. Tras esta desventurada viaxe, O’Higgins e o enxeñeiro Garland, ambos os dous irlandeses, foron designados para construír as “casuchas”, que se puxeron en pé entre 1765 e 1770.

Os refuxios trazáronse sobre o Camiño Real utilizado polos incas e constaban dunha planta cadrada ou circular, duns 25 m2 de superficie, e teitos abovedados para facilitar a escorredura da neve. As bases elevábanse moi por encima do solo circundante para permitir o acceso aínda nas peores condicións climáticas. Construíronse en ladrillo cocido de procedencia chilena, asentados con morteiro de cal moi resistente. Como equipamento interior debían ter un armario de madeira con azucre, charqui, mate e ají, para o mal de altura, e leña para o lume. As provisións corrían a cargo da renda do Correo.

Partindo de Mendoza e en dirección leste a oeste, construíronse as casuchas de: Punta de Vacas, Puquíos, Paramillos, las Cuevas y la Cumbre, en territorio arxentino, e las Calaveras, Juncalillo e Ojos de Agua, en zona chilena. Na actualidade unicamente quedan en pé Puquíos, Paramillos e las Cuevas, en Arxentina.

Pola natureza do terreo, os correos facían o traxecto a pé coa correspondencia ao ombro, e antes de partir recibían do administrador de Correos as chaves de cada unha das casuchas. Estas construcións serviron de refuxio a personaxes como o científico Charles Darwin e o botánico John Miers, entre outros.

No selo reprodúcese a casucha de Paramillos.