Data de emisión: 06 setembro 2012

MICOLOGIA

CONSULTAR TARIFAS

MICOLOGIA

HISTORIA

Tres fungos forman a emisión dedicada á micoloxía: a Entoloma lividum, a Amanita verna e a Calocybe gambosa.

AMANITA VERNA. É unha seta branca, mortal, que sae en primavera. O sombreiro é branco, mide entre 5 e 10 cm, acostuma ser semiesférico aínda que unha vez desenvolvido adapta unha forma plana, con láminas brancas apertadas.O pé é esvelto e alongado, cun anel na parte superior e na súa base ten unha volva envolvente característica das amanitas.É pouco común en España e crece en bosques de frondosas e tamén de caducifolias. Xunto coa Phalloides e a Virosa forma o trío de amanitas mortais.

ENTOLOMA LIVIDUM. É coñecida tamén como seta enganosa. É tóxica e unha das que máis intoxicacións ocasiona.O sombreiro é de cor marfil, ocre ou crema e pode chegar a medir ata 20 cm. Ao principio é globoso, evolucionando a convexo con marxe curvada e non chega a ser completamente plano. As láminas son de cor amarelenta ou salmón. O pé é groso, abrancazado e avultado na base.Crece no outono en bosques de carballos ou faias agrupada en círculos ou fileiras.Pode confundirse coa Calocybe gambosa, aínda que esta ten as láminas brancas e sae en primavera.Produce trastornos dixestivos severos.

CALOCYBE GAMBOSA. É coñecida comunmente como Tullo e en Euskadi como Perretxiko. O sombreiro é de cor branca, ocre clara ou crema e pode medir ata 12 cm, ao principio convexo co bordo enrolado e máis tarde con forma case plana. As láminas son brancas.O pé é branco, robusto e de lonxitude variable.Crece en primavera en prados e baixo estripeiros ou arbustos, sempre en grupo.É comestible excelente e moi cotizada.Pode confundirse co Entoloma lividum, que é moi tóxica, aínda que esta crece en outono.