Data de emisión: 08 marzo 2012

PATRIMONIO NACIONAL. Tapices.

CONSULTAR TARIFAS

PATRIMONIO NACIONAL. Tapices.

HISTORIA

Os tapices, igual que as pinturas e esculturas, foron moi apreciados como obras de arte desde o Renacemento ata o século XIX, pois ao seu valor artístico suman o de servir como un excepcional obxecto decorativo.

A colección de tapices da coroa española, é probable que sexa unha das máis importantes do mundo no seu xénero, xa que ademais de contar con cuantiosas pezas e de constar de series temáticas completas, son dunha excelente calidade plástica e de execución. Gran parte dos panos que conforman a actual colección de Patrimonio Nacional son de orixe flamenca, dos séculos XVI e XVII e, na súa maioría, proceden de manufacturas de Bruxelas, debido a que foron encargados polos monarcas españois, dados os vínculos existentes, daquela, entre España e Flandes.

Os tapices foron deseñados polos grandes pintores europeos e tamén a súa elaboración foi realizada polos máis importantes tapiceiros da época. De aí, que entre os máis valorados da época estea Gerardo Peemans (arredor de 1660), mestre tapiceiro, que confeccionou diversos tapices entre os que encontramos os das series dedicadas a Dido e Eneas e os da denominada Historia da Gran Zenobia e o emperador Aureliano, pezas algunhas xa reproducidas en anteriores emisións de selos, aos que agora se suma o desta emisión titulado Matrona e guerreiro nunha barca. Tapiz, como os anteriormente mencionados, tamén elaborado na manufactura de Bruxelas por Gerardo Peemans, en seda e la e que igualmente se localiza na colección de Patrimonio Nacional do Palacio Real de Madrid.

A folla bloque reproduce ao completo o tapiz onde aparece unha matrona sentada nunha barca e un guerreiro que se marcha apoiándose nun bastón ou lanza. A parte superior deste pano V está decorada cunha greca na que predominan motivos florais e o fondo presenta unha abundante vexetación.