Data de emisión: 28 febreiro 2012

TURISMO

CONSULTAR TARIFAS

TURISMO

HISTORIA

Ponse en circulación un novo selo dedicado ao Turismo que pon de relevo a importancia que este sector ten, tanto para o propio ser humano como para o desenvolvemento económico e social dun país.

O interese por coñecer outros lugares, territorios e rexións, o desexo de descubrir novas culturas e formas de vida, así como de descansar e gozar dos períodos vacacionais, rompendo coa rutina diaria, son algunhas das motivacións que nos inducen a practicar o turismo de forma xeneralizada.

Xa na época dos romanos, os lugares de veraneo e as vilas residenciais convertéronse en espazos de descanso e pracer para as clases altas e privilexiadas que podían gozar deles. Desde entón, o concepto do turismo variou considerablemente ata se converter nunha práctica social e expansiva accesible para todos.

O fenómeno do turismo nace realmente a mediados do século XIX, cando o ferrocarril fai a súa aparición e organízanse, por primeira vez, itinerarios de viaxes por distintas zonas do mundo. A finais do mesmo século, comézase a promocionar, tamén, o turismo das augas termais con estancia nos balnearios, e os máis ousados aventúranse a percorrer lugares remotos de África e Asia non exentos de perigo.

Un século máis tarde, coa organización dos voos chárter dáse un impulso decisivo á expansión e internacionalización do turismo de masas, sendo na década de 1960 cando se producen os grandes fluxos turísticos que no deixaron de crecer.

Hoxe en día, o turismo converteuse nunha actividade económica que xoga un papel importante na balanza de pagos e na creación de multitude de postos de traballo relacionados e derivados deste sector. O desenvolvemento da artesanía tradicional, a conservación dos espazos naturais artísticos e naturais, a preservación da gastronomía típica de cada país e rexión, e o mantemento das festas e tradicións declaradas de interese fan que o turismo ofreza un abano de posibilidades para todos os gustos.

O selo, cun valor facial de 0,70 euros, plasma a idea do turismo a través dun sol brillante que despide luz sobre as zonas peninsulares e insulares de España e sobre as augas azuladas que bordean as súas costas.