Data de emisión: 09 xaneiro 2012

VALORES CIVICOS

CONSULTAR TARIFAS

VALORES CIVICOS

HISTORIA

A posta en alza dos Valores Cívicos na sociedade, como normas ou principios que deben ser observados polos cidadáns, fan referencia nesta serie filatélica á Non contaminación, Respecta a velocidade e Atento á condución!

A contaminación xorde da acción de degradar o ambiente por medio de elementos prexudiciais ou de sustancias nocivas xeradas, frecuentemente, pola actividade humana. O tipo de contaminación é variado e pode afectar a distintos medios. Así, fálase de contaminación atmosférica cando se liberan sustancias químicas á atmosfera; contaminación hídrica cando se produce por residuos contaminantes que chegan aos ríos, penetran nas augas subterráneas e van parar aos lagos e mares; a contaminación do solo orixínase cando os produtos químicos se derraman ou se filtran sobre ou baixo a terra; a contaminación radioactiva resulta dos escapes e deterioracións en plantas nucleares e en materiais radioactivos. Outros tipos de contaminación son a xenética, a electromagnética e a producida polos lixos, todas elas de efectos perniciosos para o ambiente e a sociedade.

No selo impúlsase a non contaminación no aire, a terra e a auga, mediante a representación de ceros verdes como elementos puros.

O respecto á velocidade supón aterse aos límites fixados pola lei, tanto nos límites máximos como mínimos. Estes son fixados polos órganos lexislativos dos gobernos nacionais ou locais. A Dirección Xeral de Tráfico realiza periodicamente campañas para concienciar os condutores sobre a necesidade de cumprir as normas de velocidade. Outras campañas sobre o tema fan referencia á condución segura e ao uso de limitadores de velocidade, un sistema ideado para axudar o condutor a non superar os límites permitidos.

Co lema ¡Non te xogues a vida!, o selo fai un chamamento ás normas.

Case o 40% dos accidentes de tráfico se producen por distraccións ao volante, polo que se fai fincapé na atención que deben prestar os condutores. Accións como usar o móbil, atender o navegador, conectar a radio, distraerse cos ocupantes do vehículo, así como o sono e a fatiga son algunhas das causas que dificultan a concentración.

No selo insírense mensaxes tan alentadoras como ¡Atento á condución! e ¡Perde a chamada, non a vida!