Data de emisión: 16 novembro 2012

XXII CUMBRE IBEROAMERICANA. CADIZ 2012

CONSULTAR TARIFAS

XXII CUMBRE IBEROAMERICANA. CADIZ 2012

HISTORIA

Para conmemorar o XXII Cumio Iberoamericano que tivo lugar en Cádiz os días 16 e 17 de novembro de 2012, Correos emite un selo coa imaxe do logotipo correspondente ao cumio.

Os cumios iberoamericanos son encontros que teñen lugar anualmente entre os xefes de Estado e de Goberno dos países membros da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI).

Estes encontros teñen lugar desde o ano 1991, como consecuencia de que, con anterioridade, en 1990, xurdira a idea de institucionalizar unha reunión anual entre todos os países iberoamericanos, coa finalidade de fortalecer vínculos entre eles.

O primeiro cumio realizouse en Guadalaxara (México) en 1991, e tivo un carácter fundacional. Desde entón o cumio tivo lugar de forma ininterrompida na sede de distintos países membros. En España realizáronse nos anos 1992 e 2005. En 1992, coincidindo co V Centenario da Primeira Viaxe de Cristóbal Colón a América, tratáronse temas entre os que destacaron concertación política; economía, integración e cooperación; educación e modernización, programas de cooperación; e, finalmente, desenvolvemento social e humano e desenvolvemento sostible. No ano 2005, tratáronse dous temas de forma especial: a emigración e as relacións entre América Latina e a Unión Europea.

Cada cumio xira arredor dun tema central, o XXII Cumio de Cádiz de 2012 refírese a “Unha relación renovada no Bicentenario da Constitución de Cádiz”.

Este cumio de Cádiz persegue fortalecer as estruturas de diálogo e concertación, de integración e de cooperación da Comunidade iberoamericana, co fin de impulsar a súa presenza relevante na economía e as relacións internacionais, aproveitar as oportunidades que ofrecen os seus vínculos privilexiados con outras áreas do mundo e participar nun proceso de crecemento conxunto que dea resposta aos problemas reais dos cidadáns en materia de benestar, emprego e cohesión social.