Data de emisión: 03 outubro 2013

América UPAEP

CONSULTAR TARIFAS

América UPAEP

HISTORIA

AMÉRICA UPAEP. Loita Contra a Discriminación

Discriminar supón “dar trato de inferioridade a unha persoa ou colectivo por motivos raciais, relixiosos, políticos, etc.” E nesta liña enmárcase a Declaración Universal de Dereitos Humanos cando no seu artigo 2 establece que: “Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados por esta Declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento oucalquera outra condición”.

Non obstante e a pesar dos esforzos feitos por Nacións Unidas, organismos internacionais, gobernos e outras organizacións por establecer a igualdade entre as persoas, a discriminación segue estando presente no mundo e a sociedade. Hai características que son inherentes ao home, como son a orixe, a raza a cor da pel, que non se poden cambiar; pero hai outras que son aprendidas, como a relixión, a cultura, a ideoloxía ou a posición social (ricos/pobres), que se poden cambiar e nas que se deben incidir para evitar a discriminación. Neste sentido, a educación constitúe un piar de grande importancia para lograr a tolerancia e a diversidade social. A loita contra o racismo, o rexeitamento, a exclusión, a xenofobia, a igualdade entre os sexos e a igualdade de dereitos e obrigas son algúns dos puntos que se deben inculcar entre os máis novos para, así, lograr unha sociedade máis plural e diversificada que erradique a discriminación.

Nos últimos anos, a Unión Europea lanzou distintos programas de loita contra a discriminación, entre cuxos obxectivos se formula o de informar os cidadáns sobre os seus dereitos e responsabilidades, para tomar medidas por aqueles que sofren de inxustiza discriminatoria.

O selo, deseñado polo Estudio Jesús Sánchez, recolle o lema: No deas as costas. Capta a imaxe dunha moza que mira un grupo de persoas que están de costas en actitude de desamparo.