Data de emisión: 02 xaneiro 2013

ARCOS Y PUERTAS MONUMENTALES 2013

CONSULTAR TARIFAS

ARCOS Y PUERTAS MONUMENTALES 2013

HISTORIA

Oito selos autoadhesivos de tarifa A, valida para o franqueo ordinario da correspondencia nacional, forman este carné dedicado a Arcos e Portas Monumentais existentes en España.

A Porta do Alcázar, en Ávila, coñecida tamén como do Mercado Grande, é unha das nove portas da muralla que daban acceso á cidade antiga. Está formada por dúas torres grandes, de máis de 20 metros de altura, unidas por unha ponte de arco de medio punto de estilo románico. Na restauración de 1907 engadíronse as ameas.

O Arco Romano de Cáparra atópase na antiga cidade de Cáparra (Cáceres), situada na calzada romana da Vía da Prata. O arco ten catro portas, que cada unha mira cara a un punto cardinal. É o único destas características que existe en España. O conxunto aséntase sobre sólidos piares de cantería.

O Arco Romano de Medinaceli, localizado en Medinaceli (Soria), construíuse a finais do século I como un arco de triunfo romano que daba acceso á cidade. Consta dun arco central para o paso de carruaxes e dous laterais para os peóns.

O Arco de Capuchinos, chamado tamén Porta de Carlos III, álzase en Andujar (Xaén). Foi construído en 1786 na honra de Carlos III. Conta cun arco central de medio punto e dous laterais alintelados da metade de altura que o central.

O Arco dos Xigantes, en Antequera (Málaga), data de 1585. O arco de medio punto e as doelas alongadas de pedra presentan un relevo cun floreiro de azucenas, así como un león e un castelo, motivos heráldicos da cidade.

A Porta de Toledo, en Madrid, construíuse a principios do século XIX. É de estilo neoclásico, cun arco central de medio punto e dúas portas laterais alinteladas. Erixiuse na honra do rei Fernando VII e como conmemoración da independencia española fronte aos franceses.

A Porta de Castela, en Tolosa (Guipúscoa), data do século XVIII e atópase no mesmo lugar que ocupaba unha das cinco portas que daban acceso á antiga cidade amurallada. De estilo neoclásico, quedou como un arco exento.

O Arco Romano de Cabanes, na localidade de Cabanes (Castellón), construíuse no século II a modo de arco de triunfo romano e xunto á Vía Augusta. Conserva os dous piares e o arco, de 5,80 metros de alto e preto de 7 metros de ancho.