Data de emisión: 09 xullo 2013

DEPORTES. XXIII CAMPEONATO DEL MUNDO DE BALONMANO MASCULINO

CONSULTAR TARIFAS

DEPORTES. XXIII CAMPEONATO DEL MUNDO DE BALONMANO MASCULINO

HISTORIA

Se no mes de xaneiro se dedicaba un selo a España Sede do 23 Campionato do Mundo de Balonmán Masculino, uns meses máis tarde ponse en circulación unha nova emisión de Deportes dedicada aos campións do mundo: a Selección Española de Balonmán.

A emisión consta dunha folla bloque que se ilustra cunha fotografía do equipo español lucindo a medalla de campións. No selo aparece unha man levantando o balón da selección e a inscrición XXIII Campionato do Mundo de Balonmán Masculino.

O 27 de xaneiro de 2013, a Selección Española de Balonmán Masculino proclamábase campioa do mundo na 23 edición desta modalidade. O encontro final disputouse entre España e Dinamarca, co resultado de 35-19 a favor de España; o que supuxo a maior diferenza de puntos rexistrada nunha final destas características.

O partido tivo lugar no Palau Sant Jordi, de Barcelona, ante a asistencia de 14.000 espectadores no pavillón e cerca de tres millóns e medio de telespectadores. Nun encontro definido como memorable, a selección española fixo unha exhibición de xogo colectivo baseado no compañeirismo, a técnica e a deportividade.

Esta é a segunda vez que España se alza co título de campioa nun mundial de balonmán. A primeira vez foi en Tunisia no ano 2005. No mundial de Suecia 2011 obtivo a medalla de bronce. Ademais destes títulos, a Selección Española de Balonmán Masculino conta no seu palmarés con tres medallas de bronce nos Xogos Olímpicos de: Atlanta (1996), Sidney (2000) e Pequín (2008). Así mesmo, logrou tres medallas de prata e unha de bronce nos Campionatos Europeos.

Tras o triunfo conseguido polo equipo español, o rei Xoán Carlos recibiu os compoñentes da selección no Palacio da Zarzuela, Madrid, onde lles fixo entrega da Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo.