Data de emisión: 27 xuño 2013

DÍA DE LAS VÍCTIMAS DEL TERRORISMO

CONSULTAR TARIFAS

DÍA DE LAS VÍCTIMAS DEL TERRORISMO

HISTORIA

No ano 2010, e por acordo unánime de todas as forzas políticas, o Pleno do Congreso dos Deputados estableceu o 27 de xuño como Día das Vítimas do Terrorismo. Uníndose a esta conmemoración, a filatelia pon en circulación un selo co que mostra a súa repulsa ao terrorismo e o seu apoio ás vítimas.

O fenómeno do terrorismo é un dos graves problemas que afectan a sociedade no mundo actual. Xa sexa por motivos ideolóxicos, políticos, raciais, relixiosos ou doutra índole, pódese dicir que, tristemente, ningunha sociedade se encontra a salvo del. Así, desde os países máis pacíficos e democráticos aos que pasan por estados de maior virulencia, o terrorismo afectase de forma indiscriminada a poboación.

Se as sociedades democráticas se caracterizan polo desexo de convivir en paz e liberdade, o terrorismo é a expresión máxima da violencia, o odio, o fanatismo e o desatino. É totalmente incompatible co Estado de Dereito e co respecto máis elemental ás liberdades fundamentais e aos dereitos das persoas. A loita contra el establécese desde as canles legais, a actuación da Xustiza e a cooperación internacional, provocando un rexeitamento unánime da sociedade. En alusión a este tema, o rei Xoán Carlos sinalou que: “Acabar co flaxelo do terrorismo, empregando todos os instrumentos do Estado de Dereito, é unha prioridade ineludible para todo país libre e democrático que non pode tolerar os seus atentados, intimidacións ou chantaxes”.

O terrorismo afecta as vítimas e familias, pero tamén á configuración do Estado no seu conxunto creando un clima de temor e inseguridade.

O Día das Vítimas do Terrorismo supón unha homenaxe a todos aqueles que perderon as súas vidas ou os seus dereitos e lémbralles aos superviventes e ás familiares que non están sós, que contan co apoio do Goberno e da sociedade.

O selo ilústrase co xesto universal das mans alzadas que significa “Non” ao terrorismo, “Basta xa”. Obra da deseñadora Lucinda Morrissey.