Data de emisión: 11 xuño 2013

EFEMÉRIDES. 150 Aniversario de la linea Barcelona-Sarriá

CONSULTAR TARIFAS

EFEMÉRIDES. 150 Aniversario de la linea Barcelona-Sarriá

HISTORIA

Conmemórase o 150 Aniversario da liña de Barcelona a Sarriá coa emisión dun selo da serie Efemérides.

O ferrocarril de Barcelona a Sarriá construíuse como un medio de transporte suburbano para achegar os barceloneses ao campo. A concesión á empresa construtora, Ferrocarriles de Cataluña, fíxose en xullo de 1856 e pouco tempo máis tarde comezaron as obras para unir as dúas localidades separadas por algo menos de cinco quilómetros.

A inauguración da liña tivo lugar o 23 de xuño de 1863. O tren barcelonés saía da praza de Cataluña e corría en paralelo cunha das rúas principais, o que ocasionou diversos accidentes e levou a unha modificación na liña que evolucionou á par que o facía a capital catalá e a súa área metropolitana. Ao longo dos anos creáronse novas estacións e apeadoiros. En 1905 cambiouse o ancho de vía do nacional ao internacional e substituíuse a máquina de vapor pola electrificación. Nas décadas seguintes, a liña orixinal prolongouse, primeiro, ata Terrasa e, máis tarde, a Sabadell. Entre 1925 e 1929 procedeuse a soterrar as liñas na parte urbana. Anos máis tarde creouse o ramal do Tibidabo, que entrou en servizo en 1954, e tras a creación dos Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya, en 1979, modernizáronse as infraestruturas e o material rodante. Actualmente, presta servizo a máis de 60 millóns de viaxeiros ao ano.

No selo recóllese unha imaxe de época coa locomotora n.º 5, correspondente á primeira serie en servizo. Esta serie de locomotoras deixou de prestar servizo en 1905, coa introdución da electrificación e o cambio de ancho de vía. Foron construídas pola empresa inglesa Sharp & Stewart.