Data de emisión: 14 novembro 2013

Emisión conjunta España-Japón

CONSULTAR TARIFAS

Emisión conjunta España-Japón

HISTORIA

.

EMISIÓN CONXUNTA ESPAÑA-XAPÓN

Como mostra de recoñecemento á floricultura e ás especies vexetais que se cultivan en lugares tan diverxentes como España e Xapón, os correos de ambos os países poñen en circulación unha emisión en común dedicada ao Xeranio e á Lespedeza Thunbergii. Os dous selos emítense unidos no dentado.

O cultivo das plantas e das flores en particular é considerado como unha arte na maior parte das culturas. Xa desde época inmemorial se encontran imaxes que mostran a atracción do home polo coidado das flores e dos xardíns. China, Babilonia, Persia e, posteriormente, outras moitas culturas deixaron constancia disto na vida cotiá.

En España, unha das plantas máis común é o Xeranio, da familia das Xeraniáceas. Cultívase en xardíns, terrazas e balcóns, e produce flores vivaces de distintas cores. Existen distintas variedades, sendo as máis populares o xeranio común, a xitanilla ou de folla de hedra, o pelargonio e os xeranios de follas aromáticas. Necesitan de moita luz e de sol para a floración. Soporta ben as temperaturas altas pero non as xeadas nin o frío. A planta desprende ao tacto un olor característico e é de fácil cultivo. Xeralmente reprodúcese por escallos. Entre as pragas que máis afectan os xeranios están as bolboretas africanas ou moscas do xeranio, unha especie de eiruga que perfora os talos e picas as follas, polo que cando se descubre hai que podar os talos e as follas afectadas. Tamén é sensible á araña vermella, aos pulgóns, as cochinillas e á mosca branca.

A Lespedeza é unha planta con flores da familia das Fabaceae. Coñéceselle comunmente como arbusto ou trevo xaponés e procede de rexións temperadas e subtropicais do este de Norteamérica, este e sur de Asia e Australia. É unha das máis de 30 especies de leguminosas que existen, como os chícharos e as fabas. Algunhas das variedades cultívanse en xardíns como plantas ornamentais e outras utilízanse como forraxe. As súas raíces enriquecen o solo e preveñen a erosión.