Data de emisión: 23 abril 2013

EUROPA. Furgoneta Postal

CONSULTAR TARIFAS

EUROPA. Furgoneta Postal

HISTORIA

Os países membros de PostEurop dedican a serie Europa -que periodicamente emiten cun tema en común- ás Furgonetas Postais. Unha forma de dar a coñecer os vehículos utilizados para o transporte da correspondencia ao longo do tempo.

Os transportes postais en España evolucionaron á par que o facía a industria e a evolución tecnolóxica. Durante séculos, o porte da correspondencia facíase nos correos a cabalo e foi a chegada do ferrocarril o que supuxo a gran revolución nas comunicacións. O 1 de setembro de 1851 subiron, por primeira vez, as cartas ao tren no traxecto que unía Madrid e Aranjuez, na liña de Andalucía. Durante cerca de 150 anos, o ferrocarril foi o medio máis utilizado para o transporte da correspondencia, ata que o 30 de xuño de 1993 saíu o último tren ambulante levando un cargamento postal. Os transportes por estrada substituíron definitivamente a rede de ferrocarrís, o que significou un proceso máis rápido para o envío da correspondencia.

Outro momento clave para o transporte do correo foi a incorporación dos servizos de avión, en 1920, para os envíos aéreos tras o pago dunha taxa especial.

Na actualidade, a rede de vehículos de Correos supera as 13.000 unidades entre turismos, furgonetas, furgóns, camións, vehículos todoterreo e motocicletas, que percorren máis de dous millóns de quilómetros ao ano.

En 2008, a entidade postal iniciou un proxecto piloto co uso dos primeiros vehículos eléctricos non contaminantes destinados a diminuír a degradación do ambiente. Desde entón, a flota foise incrementando ata alcanzar os 200 vehículos eléctricos que operan en zonas históricas, reducindo a contaminación acústica e diminuíndo as emisións de CO2.

No selo reprodúcese un coche eléctrico da casa española Comarth, con capacidade para 300 quilogramos de carga, 50 quilómetros de velocidade máxima e unha autonomía de ata 100 quilómetros de percorrido.