Data de emisión: 22 febreiro 2013

Instrumentos Musicales

CONSULTAR TARIFAS

Instrumentos Musicales

HISTORIA

Entre a variedade de instrumentos musicais que acompañan tanto ás grandes orquestras e filharmónicas como ao folclore máis popular figuran os instrumentos de percusión. Cinco dos máis coñecidos ilustran esta serie de selos autoadhesivos.

O Tambor é un dos instrumentos máis difundidos desde tempo inmemorial. Crese orixinario da India, desde onde se difundiu a outros continentes. Nos monumentos exipcios, asirios e gregos aparece reproducido. Consta dunha caixa de resonancia con forma cilíndrica cuberta nas dúas bases por membranas. Tócase coa man ou con paus ou baquetas. Foi moi utilizado nos exércitos de infantería.

A Pandeireta está formada por dous aros superpostos provistos de ferreñas ou cascabeis e cuberto un dos seus vans con pel moi lisa e estirada. Os tamaños son moi variados así como a decoración das peles. Para tocala esvárase polo instrumento un ou máis dedos, ou golpéase con toda a man.

As Castañolas ou palillos compóñense de dúas metades cóncavas feitas de madeira e unidas por un cordón na parte superior. O cordón suxeitase no dedo polgar ou no do medio para facelas repicar. A orixe remóntase aos pobos prehistóricos. España é o país no que máis evolucionaron hasta se converter nun instrumento nacional. Utilízanse para o baile español, xotas e folclore e existen famosas concertistas de castañolas de renome internacional.

Os Pratos consisten en chapas metálicas circulares cun burato no centro para pasar as correas de suxeición ou fixalo nun soporte. Poden ser pratos a dous ou de choque, que soan ao chocalos un contra outro, ou suspendidos dentro dunha batería instrumental. Son típicos do folclore turco. Músicos como Wagner e Berlioz introducíronos na orquestra moderna atopando novos efectos sonoros. Na música contemporánea, os pratos van incorporados ás baterías e soan na música de jazz, rock e salsa, entre outros xéneros.

O Timbal consta dunha caixa semiesférica cuberta por unha membrana que se tensa cunha serie de chaves que pechan a caixa, o que orixina unha nota perfectamente musical. Utilizouse desde a antigüidade con fins militares e foi moi empregado pola cabaleira francesa, alemá e rusa. No século XVII comezouse a incluír nas orquestras. A grande evolución chegou con Beethoven, no XIX, ao recoñecerlle ao timbal unha musicalidade individual. Na década de 1960 incorporouse á música moderna.