Data de emisión: 08 outubro 2013

Micología

CONSULTAR TARIFAS

Micología

HISTORIA

MICOLOXÍA

A emisión dedicada á micoloxía o ano 2013 está integrada por tres setas de características morfolóxicas e gastronómicas moi distintas:

AGARICUS XANTODERMUS, MARASMIUS OREADES E AMANITA PANTHERINA.

AGARICUS XANTODERMUS.- O seu sombreiro pode medir entre 6-12 cm de diámetro; ao principio ten forma de tronco de cono e vai abríndose ata facerse case plano; é de cor branca con tonalidades agrisadas ás veces; ao fretalo adquire cor amarela. As láminas evolucionan dorosa pálido ao marrón.

O pé pode medir de 5-12 cm, é branco e ten un anel membranoso. Crece en outono en prados formando círculos e fileiras.

É unha seta tóxica que se pode confundir cos champiñóns comestibles dos que pode diferenciarse pola cor amarela que adquire ao fretarse e polo seu olor desagradable. A súa inxestión produce trastornos gastrointestinais.

MARASMIUS OREADES.- É unha seta comunmente coñecida co nome de sendeiriña. O seu sombreiro mide entre 2-6 cm de diámetro, ao principio semiesférico e máis tarde plano, de cor crema-ocre e cunha tetiña no centro. As láminas son grosas e espazosas. O pé é longo, de igual cor, delgado e correúdo, difícil de romper e pode medir ata 10 cm. Crece en outono e primavera en prados formando círculos e fileiras con abundantes exemplares. É comestible de boa calidade. Pode confundirse con outra seta similar: marasmins collinus, que é tóxica e da que se diferencia, porque esta ten o pé quebradizo e as láminas máis apertadas.

AMANITA PANTHERINA.- Coñéceselle tamén como AMANITA PANTERA. É unha seta esvelta e fermosa, pero velenosa.

O seu sombreiro ao principio é convexo e vai evolucionando cara á forma plana: pode medir ata 10-12 cm de diámetro, é de cor entre o ocre e o marrón e está cuberto de restos da volva que a cubría antes de crecer en forma de copos de neve de cor branca.

As láminas están apertadas e teñen cor branca. O pé é esvelto de cor branca tamén e pode chegar a medir ata 15 cm cun anel na parte inferior; na súa base o pé está envolto nunha volva redonda. Nace no verán e no outono en bosques de carballos e faiais, aínda que tamén ás veces aparece en bosques de coníferas.

A súa inxestión produce intoxicacións graves. Pode confundirse con outras amanitas como a MUSCARIA, a RUBESCENS ou a SPISSA.