Data de emisión: 18 xuño 2013

PUENTES DE ESPAÑA 2013. Puentes de Piedra y del Tajo de Ronda

CONSULTAR TARIFAS

PUENTES DE ESPAÑA 2013. Puentes de Piedra y del Tajo de Ronda

HISTORIA

Dúas pontes de distintas épocas e características construtivas, como son a Ponte do Taxo, en Ronda (Málaga), do século XVIII e a Ponte de Pedra, en Logroño, do século XIX, forman esta nova emisión de Pontes de España.

A Ponte do Taxo, coñecida tamén como Ponte Nova, é o monumento máis característico da cidade de Ronda (Málaga). Foi construída entre 1751 e 1793 sobre unha garganta de máis de 100 metros de profundidade escavada polo río Guadalevín. Os seus enormes piares aséntanse no profundo da foz, sobre os que se abre un primeiro arco central que soporta un segundo arco moito máis elevado e reforzado por contrafortes. A obra complétase con outros dous arcos laterais cimentados sobre a rocha. Sobre o arco central encóntrase un espazo que foi usado durante algún tempo de cárcere e na actualidade alberga un Centro de Interpretación. Une o barrio antigo co moderno.

A ponte de Ronda foi construída con perpiaños extraídos da garganta do río e está considerada como unha obra mestra. As obras, de máis de 40 anos de duración, foron dirixidas por varios mestres, se ben foi José Martín de Aldehuela o principal director que construíu, tamén, a praza de Touros de Ronda. Ambas as construcións constitúen os símbolos da cidade.

A Ponte de Pedra, en Logroño, foi construída por Fermín Manso de Zúñiga. Inaugurouse en xuño de 1884, ten 198 metros de longo e sete arcos sustentados sobre piares cilíndricos para deixar pasar o maior volume de auga do río Ebro. No mesmo lugar existiu, anteriormente, outra ponte que se cre que foi construída por San Juan de Ortega, polo que tamén se lle llama Ponte de San Juan de Ortega. Debido aos derrubes e ás fortes riadas, a ponte orixinal foi reconstruída en varias ocasións ata que, finalmente, se decidiu construír unha nova sobre os restos da anterior.

En 1917, o ancho da Ponte de Pedra ampliouse coa construción a ambos os lados de plataformas de formigón armado para uso peonil, o que permite un maior tráfico rodado.