Data de emisión: 02 xaneiro 2013

Serie Basica

CONSULTAR TARIFAS

Serie Basica

HISTORIA

A Serie Básica ou Xeral, ponse en circulación con catro selos que reproducen a imaxe da súa maxestade o rei Xoán Carlos I.

O rei de España é unha figura asidua na filatelia desde que o 29 de decembro de 1975 se puxese en circulación a primeira emisión do seu reinado. Como xefe do Estado, e segundo a Constitución, correspóndelle: sancionar e promulgar as leis; expedir os decretos acordados no Consello de Ministros; nomear o presidente e os membros do Goberno e o presidente e os maxistrados do Tribunal Constitucional.

Xoán Carlos I visitou oficialmente a maior parte dos países do mundo así como os principais organismo internacionais, onde deixou constancia do seu interese e preocupación pola paz, a solidariedade, a educación, a cultura, a economía e o desenvolvemento da ciencia. No plano das relacións internacionais e á fronte dos representantes do Goberno e das delegacións empresariais dos distintos sectores industriais e financeiros, o rei de España é o maior embaixador do país.

O mundo da infancia tamén lle é moi próximo e desde hai máis de tres décadas recibe en audiencia real aos nenos gañadores do concurso escolar Que é un rei para ti? Este certame trata de achegar a figura do rei e da coroa aos escolares, dando a coñecer o papel que a Constitución lle reserva á institución monárquica.

El mundo de la infancia también le es muy cercano y desde hace más de tres décadas recibe en audiencia real a los niños ganadores del concurso escolar ¿Qué es un Rey para ti? Este certamen trata de acercar la figura del Rey y de la corona a los escolares, dando a conocer el papel que la Constitución reserva a la Institución monárquica.La Serie Básica se emite, generalmente, en casi todos los países del mundo.