Data de emisión: 09 outubro 2014

América UPAEP. Próceres y líderes

CONSULTAR TARIFAS

América UPAEP. Próceres y líderes

HISTORIA

AMÉRICA UPAEP


No ano 1989, os países membros da Unión Postal das Américas, España e Portugal (UPAEP) comezaron a emitir anualmente un selo cun tema común, que deu lugar a unha colección de grande interese para os amantes da filatelia. A emisión actual está dedicada a Próceres e líderes, en homenaxe e lembranza daqueles que dalgunha maneira pasaron a formar parte da historia.
UPAEP ten a súa sé en Montevideo (Uruguai) e é unha organización integradora dos obxectivos comúns dos países que a compoñen no relacionado cos temas do correo. Un dos seus obxectivos principais é favorecer a prestación do servizo postal universal entre os países que a compoñen e fomentar a cooperación para o desenvolvemento postal, polo que traballa na mellora da calidade dos servizo a través da aplicación das novas tecnoloxías da información e promove a execución de proxectos de colaboración entre os distintos estados. Hoxe en día esta organización está formada por 28 países.
A primeira emisión de América Upaep (1989) dedicouse aos Pobos precolombinos e todos os países membros da organización puxeron en circulación os seus selos con motivos alusivos ás culturas antigas. E así o representan as imaxes que aparecen nos primeiros selos: reproducións de máscaras en madeira tallada, obxectos de cerámica, instrumentos de labranza dos pobos indíxenas ou imaxes das crónicas que relatan as angueiras dos nativos.
Durante estes 25 anos de emisión, a serie América Upaep evolucionou na súa temática, pasando a tratar asuntos de interese xeral como a loita contra a sida, os bens do Patrimonio Mundial da Unesco, a protección do medio, a educación para todos e o desenvolvemento das enerxías renovables.
Os temas da serie filatélica son acordados pola organización internacional cada catro anos e deben de contribuír á mutua comprensión dos pobos, a promover a cultura e a paz e establecer lazos de amizade entre eles. Os selos deben incluír obrigatoriamente o logotipo e o emblema da Unión.
O selo español de Próceres e líderes ilústrase con varios bustos de individuos anónimos, de persoas de diferentes contrastes, razas e rexións, en alusión aos personaxes que coa súa labor contribuíron a cambiar o rumbo da historia