Data de emisión: 25 setembro 2014

Año 2014

CONSULTAR TARIFAS

Año 2014

HISTORIA

PERSONAXES


O pontificado do Papa Xoan Pablo II durou 27 anos, converténdose nun dos máis longos da historia. A serie Personaxes rememora este feito cun selo.
O nome real deste Papa era Karol Wojtila, que cambiou a Xoan Pablo II cando foi elixido Papa o 16 de outubro de 1978. Nado en Wadowice, Cracovia (Polonia) en 1920. Cando terminou os estudos de ensinanza media, matriculouse na Universidade e nunha escola de teatro, pero tivo que traballar de obreiro nunha fábrica para gañar a vida e evitar a deportación a Alemaña cando chegou a ocupación nazi.
No ano 1942 comezou a formación sacerdotal, compaxinándoa coa promoción do teatro entre os xoves estudantes. No 1946 foi ordenado sacerdote en Cracovia e despois foi enviado a Roma, onde conseguiu o doutorado en Teoloxía, no ano 1948.
Cando regresou a Polonia realizaba dous traballos, por unha banda exerceu o ministerio pastoral nas parroquias obreiras e polo outra pasou a ser profesor de Teoloxía Ética no seminario maior de Cracovia e na Universidade Católica de Lublin.
No ano 1958 foi nomeado auxiliar do arcebispo de Cracovia, a quen sucedeu no ano 1964. Wojtila destacou polas súas intervencións sobre a Igrexa no mundo contemporáneo durante o Concilio Vaticano II. Tres anos máis tarde, o Papa Pablo VI nomeouno cardeal.
O 16 de outubro de 1978 foi elixido Papa e tomou o nome de Xoan Pablo II, converténdose no primeiro xefe da Igrexa procedente dun país comunista. Durante o seu pontificado realizou máis de 100 viaxes apostólicos fora de Italia, principalmente a países do Terceiro Mundo (Asia, África e América do Sur). Tamén se entrevistou con Xefes de Estado e representantes de gobernos activando a relación entre os diferentes pobos. O seu amor polos xoves levouno a organizar as Xornadas Mundiais da Xuventude, das que xa se levan celebrado 19 edicións, congregando a millóns de xoves de todo o mundo.
Xoan Pablo II promoveu o diálogo cos xudeus e cos representantes doutras relixións; defendeu a xustiza social e loitou pola mellora das condicións de vida nos países máis pobres. O seu carácter tradicional, denunciou a Teoloxía da Liberación, criticou a relaxación moral e sostivo algunhas acción características do catolicismo conservador. Morreu o 2 de abril de 2005.
O 1 de maio de 2011, Xoan Pablo II foi beatificado e o 27 de abril de 2014, foi canonizado xunto a Xoan XXIII.
Outro pontífice, como Pablo VI, foi o protagonista dun selo dedicado, no ano 1963, ao Concilio Ecuménico Vaticano II. Xoan Pablo II protagonizou as emisións: Visita da SS o Papa Xoan Pablo II a España (1982) e Papa e Xuventude (1989).