Data de emisión: 06 febreiro 2014

Arquitectura Rural

CONSULTAR TARIFAS

Arquitectura Rural

HISTORIA

ARQUITECTURA RURAL

A nova emisión Arquitectura Rural difunde as construcións de diferentes zonas de España caracterizadas polo seu folclorismo e orixinalidade, como son: o Muíño Manchego, o Hórreo Asturiano e a Barraca Valenciana. Os selos reproducen vistosas imaxes da arquitectura vernácula e presentan a novidade de emitirse, por vez primeira, en formato Prego Premium. Estes pregos inxiren na viñeta exterior debuxos, ditos e frases de autores célebres alusivas ás populares construcións.

O Muíño Manchego sitúase en outeiros e zonas altas onde o vento lle é favorable para xerar una forza motriz. Xeralmente están pintados de branco e forman parte da paisaxe de Castela a Mancha, recoñecéndose como un dos elementos definitorios da Comunidade. No seu interior dispón de tres plantas: o silo ou baixo, de onde parte a escaleira de caracol que dá acceso ás outras plantas e onde se gardan os sacos de cereais; a camareta ou planta principal, na que se limpa a fariña e se gardan as aspas e útiles da moenda; e o “moedoiro”, no que se atopa a maquinaria e as pequenas fiestras polas que entra o vento que fai funcionar a engrenaxe das pezas.

O Hórreo é un tipo de construción rural destinada á almacenaxe de cereais e alimentos para aillalos da humidade e dos animais daniños. Localízase en zonas húmidas como Galicia e Asturias, aínda que tamén existe na zona norte da Península e Portugal. O celeiro levántase sobre os piares e constrúese con madeira ou pedra colocadas de xeito que permiten a ventilación. O hórreo galego normalmente é rectangular, de paredes de pedra e a cuberta de pedra ou lousa. O asturiano caracterízase, xeralmente, por ser de planta cadrada, estar fabricado en madeira ou cuberto con tella, palla ou ramas. Na lingua asturiana chámase hórrio, horru o horro.

A Barraca é una construción típica da Comunidade Valenciana, Murcia e o Delta do Ebro. Para a súa construción empréganse materiais accesibles na zona, como a cana, o xunco e o barro. Deste xeito, as paredes constrúense con adobe e a cuberta, a dúas vertentes cun ángulo moi marcado para desaugar as chuvias, en canizo ou palla. Normalmente teñen dous plantas: a inferior destinada á vivenda e as cortes, e a superior, ao almacenaxe de produtos. Era o hábitat tradicional dos agricultores da horta