Data de emisión: 08 xullo 2014

Arte Contemporáneo. Miquel Barceló

CONSULTAR TARIFAS

Arte Contemporáneo. Miquel Barceló

HISTORIA

ARTE CONTEMPORÁNEA

A serie Arte Contemporánea comezou a emitirse no ano 2011 como homenaxe aos grandes artistas españois da actualidade. A Antoni Tàpies, Manolo Valdés e Antonio López, protagonistas das anteriores emisións, se lles une agora Miquel Barceló. A folla bloque reproduce a súa obra titulada Ça Va, realizada no 2004.

Conta Miquel Barceló (Felanitx, Mallorca, 1957) que a súa afección á pintura xurdiu cando era cativo ao ver pintar á súa nai: “Na casa sempre había material para pintar, libros e cadros, así que este mundo sempre me resultou familiar”, di o artista. Comezou a estudar na Escuela de Artes y Oficial de Palma de Mallorca para pasar, pouco tempo despois, á Escuela de Bellas Artes Sant Jordi, de Barcelona, na que apenas asistiu ás clases, elixindo unha formación autodidacta. Na súa primeira viaxe a París (1974) descobre a pintura de Paul Klee, Jean Dubuffet e as obras do Art Brut, polas que sinte un interese especial. Continúa a súa formación coa lectura de manifestos e obras dos pintores máis vangardistas, á vez que explora e aprende dos cadros de Lucio Fontana, Mark Rothko e Jackson Pollock, entre outros.

Barceló realiza as súas primeiras exposicións a mediados dos años 70 e, no 1976, expón en Mallorca unha montaxe de 225 caixas de madeira con tapas de cristal nas que introduce materiais orgánicos en descomposición, como plátanos, arroz fervido, carne e pan. Máis tarde experimenta con lenzos cubertos con grosas capas de pintura que deixa á intemperie e as somete ás reaccións físicas de oxidación e cuarteamento. A súa arte continúa en evolución e na década de 1980 é requirido polos principais museos e galerías de todo o mundo. No 1988 fai a súa primeira viaxe a África e descobre Malí, onde pasa longas tempadas, cuxos paisaxes, cores e formas de vida deixa plasmados nunha serie de cadros realizados ao longo dos anos.

Para a Catedral de Palma de Mallorca crea un retablo cerámico de grandes dimensións, inaugurado no 2007, que recrea o milagre dos pans e dos peixes. Unha das súas obras máis universais é a decoración da cúpula do Palacio das Nacións Unidas, en Xenebra (Suíza). Coñecida como “Sala dos Dereitos Humanos e da Alianza de Civilizacións”, cubre máis de 1.400 metros cadrados e está formada por milleiros de estalactitas. Pintor, escultor, ceramista e artista polifacético, Barceló deseñou cubertas para libros, logotipos, carteis e decorados para óperas e teatros.