Data de emisión: 12 febreiro 2014

Centenario Escuela Superior Telegrafía

CONSULTAR TARIFAS

Centenario Escuela Superior Telegrafía

HISTORIA

CENTENARIOS

Corre o ano 1913 cando se funda a Escola Xeral de Telegrafía ou Escola Superior. Esta escola supón a orixe da actual Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación. Cen anos máis tarde, conmemóranse as efemérides cun selo que reproduce a fotografía da primeira promoción de enxeñeiros do ramo e unha fita perforada de transmisións.

A creación da Escola Superior de Telegrafía ven orixinada tras o Congreso de Radiotelegrafía de Londres, celebrado en 1912, uns meses despois do afundimento do Titanic, que obrigou aos países que participaban, entre eles España, a expedir os certificados oficiais de operadores de radio e a impartir as ensinanzas correspondentes.

Foi por esta razón, e baixo proposta do Ministro da Gobernación, Santiago Alba, que o 3 de xuño de 1913 se publicou o Real Decreto que daba paso á creación dunha Escola Oficial: “Onde se expidan os certificados de suficiencia para a manipulación deste moderno sistema de telecomunicación”.

A Escola Xeral de Telegrafía estaba a cargo do Corpo de Telégrafos e estaba dividida en tres Seccións: primeira: Elemental de Radiotelegrafía; segunda: De aplicación para o ingreso no Corpo de Telégrafos; terceira: De estudos superiores. Unha condición indispensable para ingresar nesta Sección de estudos superiores era ser Oficial de Telégrafos.

O 20 de outubro de 1913, inaugurábase oficialmente a Escola Xeral de Telegrafía, no antigo palacio de Montezuma, na rúa Ferraz de Madrid. A primeira promoción redactou o Proxecto de telefonía nacional, de José Francos Rodríguez, en 1917, e parte deles foron os encargados de trasladar a Central de Telégrafos dende a Porta do Sol ao entón recentemente inaugurado Palacio de Comunicacións de Madrid.

En 1920, coa promulgación do Real Decreto do 22 de abril, reformouse o Regulamento da Escola, e con el chegaría o paso definitivo para a creación do título de Enxeñeiro de Telecomunicación, recoñecendo como tales aos que cursaranos estudos superiores do plan 1913.

Igual que noutras enxeñerías, a Lei de Ordenación das Ensinanzas Técnicas de 1957 establecía que a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación e a Escola Técnica de Peritos de Telecomunicación dependían do Ministerio de Educación