Data de emisión: 03 xaneiro 2014

Centro Europeo para la Investigación Nuclear

CONSULTAR TARIFAS

Centro Europeo para la Investigación Nuclear

HISTORIA

CIENCIA

O CERN está formado na actualidade por 20 estados membros: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, República Checa, Dinamarca, Eslovaquia, España, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Italia, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza. Conta, ademais, con oito institucións e países que actúan como observadores.

Nas investigacións, o CERN utiliza os instrumentos científicos máis grandes e complexos construídos ata a data, que serven para estudar os compoñentes básicos da materia: como as partículas que forman o noso universo. Entre estes instrumentos están os colisionadores de partículas e os detectores. A función dos colisionadores é acelerar feixes de partículas a enerxías próximas á velocidade da luz e facer que choquen entre si ou con obxectivos fixos. Os detectores serven para observar e rexistrar os resultados desascolisións.

Os 21 países europeos que forman o CERN contan coa colaboración de científicos de todo o mundo e, periodicamente, preto de 10.000 físicos de partículas desprázanse ata o centro para realizar alí as súas investigacións.

España uniuse á organización en 1961 e retirouse en 1968. En 1983 volveu a ingresar de novo. A colaboración española co CERN abrangue a máis de 30 universidades e institutos científicos.

O selo ilústrase cunha interpretación do túnel subterráneo do CERN onde se encontra o colisionador de partículas. Ao seu redor aparecen as bandeiras dos países membros e o logotipo da organización.