Data de emisión: 11 xullo 2014

Cine Español. Sara Montiel, Alfredo Landa y Manolo Escobar

CONSULTAR TARIFAS

Cine Español. Sara Montiel, Alfredo Landa y Manolo Escobar

HISTORIA

CINE ESPAÑOL


A nova serie Cine Español en formato Prego Premium ten como protagonistas tres grandes artistas do mundo do celuloide e da canción. Por vez primeira, a emisión preséntase en forma de fotogramas troquelados dispostos para a montaxe.
Manolo García Escobar (El Ejido, Almería, 1931 – Benidorm, Alicante, 2013), coñecido como Manolo Escobar, foi un dos artistas e cantantes de copla, rumba, pasodobre, fandango e rancheiras máis coñecido dentro e fóra de España. Cando tiña 14 anos emigrou cos seus irmáns a Barcelona, onde comezaron a cantar baixo o nome de Manolo Escobar y sus guitarras. Daquelas aprobou as oposición a Auxiliar de Correos e traballou na estafeta de Badalona. No ano 1961 debutou en Córdoba, dando comezo a unha fulgurante carreira musical que lle converteu en ídolo de multitudes.
Títulos como Y Viva España, Mi carro ou Madrecita María del Carmen chegaron a ser súper ventas. Baixo este aspecto musical, no ano 1963 rodou a súa primeira longametraxe, Los guerrilleros, á que seguiron outros 20 títulos máis.
No prego reprodúcese unha estrofa da película Todo es posible en Granada.
Sara Montiel, nome artístico de María Antonia Abad Fernández (Campo de Criptana, Ciudad Real, 1928 – Madrid, 2013), debutou no cinema na década doo 40 con títulos como Empezó en boda, Mariona Rebull e Locura de amor. Unha década máis tarde marchou a México e despois a Hollywood (EEUU), onde rodou con directores da altura de Samuel Fuller, Anthony Mann e Robert Aldrich, e actores como Gary Cooper e Burt Lancaster. Converteuse na estrela máis popular do momento cando regresou a España, con películas como El último cuplé, Pecado de amor e La bella Lola. Regresou á súa carreira como cantante anos despois, cando abandonou o cinema.
A emisión deste selo inclúe un parágrafo da súa famosa película La Violetera (1958).
Alfredo Landa (Pamplona, 1933 – Madrid, 2013) debutou na gran pantalla en Atraco a las tres (1962), dirixida por José María Forqué. Creou o “landismo”, un termo que se converteu en sinónimo de “cine atrevido” no tardofranquismo. Na década de 1980 demostrou ser un grande actor, destacando en traballos como El crack (José Luis Garci), Los santos inocentes (Mario Camus), no que logrou o premio de interpretación en Cannes (1984), ou La vaquilla (Luis García Berlanga). Gañou dous Premios Goya á mellor interpretación co filme El Bosque animado (1987) e con La marrana (1992). No ano 2008 recibiu o Goya de Honra como homenaxe a toda a súa carreira artística.
O Prego Premium inclúe un diálogo da película El bosque animado.