Data de emisión: 03 febreiro 2014

Coleccionismo

CONSULTAR TARIFAS

Coleccionismo

HISTORIA

COLECCIONISMO

Dende tempos remotos xurdiu o coleccionismo polas belas artes e dise que se lle debe aos coleccionistas o feito de que chegaran até nós obxectos que doutro xeito terían desaparecido polo vandalismo e a ignorancia. No seu interese por conservar protexeron, aínda sen sabelo, a arte, a historia e a ciencia.

O coleccionismo abrangue todo tipo de obxectos e materiais: bonecas, fósiles, libros, banda deseñada, por citar algún, e cada día son máis os grupos e puntos de encontro que se establecen para a compra, venta ou intercambio de pezas.

Esta serie ilústrase con motivos alusivos a algúns dos temas máis coñecidos. Os Boletos de lotaría emitíronse por vez primeira en 1812 e o seu tamaño e formato era variable. Imprimíanse por unha sola cara, incluían a sinatura do director da Lotaría e o escudo real, todo isto bordeado por unha orla. As Tarxetas postais xurdiron en Austria en 1869. Levaban o selo do franqueo gravado e non eran ilustradas (enteiro postal). En España comezaron a circular oficialmente o 1 de decembro de 1873. A primeira empresa que fabricou tarxetas ilustradas en España foi Hauser e Menet.

Outro dos obxectos de colección que conta con seguidores dende a infancia son os Cromos. Adoitan ser adhesivos que se pegan en álbums temáticos e levan imaxes relacionadas coa materia de interese: natureza, deportes, películas… Os coleccionistas de Minerais buscan pezas que pola súa cristalización o tallado converte o mineral en algo singular. Os apaixonados dos Reloxos buscan nestas marcas, nomes de prestixiosos fabricantes ou decoración das esferas, tanto en reloxos sinxelos como nas súas versións máis ostentosas de pulseira ou de peto. Os Soldadiños de chumbo recrean as figuras dos exércitos con todo tipo de detalles a cor, así como as armas e uniformes dos exércitos. A Numismática relaciónase co estudio das moedas e medallas. Vén a ser un auxiliar da historia polos datos que proporciona, tanto polos súas características documentais como artísticas. O coleccionismo de selos ou Filatelia xurdiu dende a aparición do primeiro selo en Inglaterra, en 1840. Sábese que a familia real británica iniciou a súa colección en 1856, que os Tsares de Rusia, Alfonso XIII e o presidente dos EEUU, Franklin Roosevelt, foron coleccionistas de selos.