Data de emisión: 19 xuño 2014

Conjuntos Urbanos Patrimonio de la Humanidad. Toledo

CONSULTAR TARIFAS

Conjuntos Urbanos Patrimonio de la Humanidad. Toledo

HISTORIA

CONXUNTOS URBANOS PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Toledo, con Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia eTarragona, ou sexa, os 13 conxuntos urbanos patrimoniais, fundaron no ano 1993 o Grupo de Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España. Esta asociación, sen ánimo de lucro, ten como obxectivos actuar conxuntamente na defensa e promoción do patrimonio histórico e cultural das cidades que o compoñen, así como defender os intereses comúns, estudar solucións a problemas similares e promover un turismo cultural de calidade.

A folla bloque, impresa en calcografía, reproduce unha vista de Toledo tomada dende a outra beira do Texo. Os selos enmarcan a Catedral primada e o Alcázar.