Data de emisión: 20 xuño 2014

Cuerpo de Ingenieros Agrónomos del Estado

CONSULTAR TARIFAS

Cuerpo de Ingenieros Agrónomos del Estado

HISTORIA

CORPOS XERAIS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

Nos tempos do reinado de Isabel II conManuel Alonso Martínez como ministro de Fomento, creouse a Escola Central de Agricultura (Escuela Central de Agricultura) na finca “La Flamenca”, orixe do Corpo de Enxeñeiros agrónomos. A finca pertencía ao Real Heredamiento de Aranjuez (Madrid). As ensinanzas estaban estruturadas en dúas sección: unha científica, destinada aos enxeñeiros, e outra tecnolóxica, para os peritos. En 1866 engadiuse unha nova sección para a formación de capataces agrícolas. Dous anos máis tarde decretouse a supresión da escola inicial e acordouse o seu traslado á finca chamada La Florida en Madrid, que se faría efectivo no ano 1869. Unha Real Orde de 1876 implantou un novo sistema de ingreso e a institución pasou a chamarse Escola Superior de Enxeñeiros Agrónomos (Escuela Superior de Ingenieros Agrónomos), á vez que se creou a Escola de Peritos Agrícolas (Escuela de Peritos Agrícolas). Co paso dos anos establecéronse distintos plans de estudos e de especialidades agrarias na formación, contemplándose a investigación como unha das actividades propias da Escola de Enxeñeiros Agrónomos.