Data de emisión: 20 xuño 2014

Cuerpo de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos del Estado

CONSULTAR TARIFAS

Cuerpo de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos del Estado

HISTORIA

CORPOS XERAIS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

A orixe do Corpo de Enxeñeiros de Camiños xurdiu a finais do século XVIII, cando o Conde de Floridablanca, entón Secretario de Estado e Superintendente de Correos, creou no ano 1785 a Dirección Xeral de Camiños (Dirección General de Caminos). As obras públicas precisaban dun grande impulso en España e era necesaria a creación dunha escola de estudios profesionais: esta escola abriu as súas portas no Palacio del Buen Retiro, Madrid, o 19 de novembro de 1802. O propulsor e fundador da escola foi Agustín de Betancourt, considerado como o pai do enxeñería das obras públicas. A escola permaneceu no Palacio del Buen Retiro até a invasión napoleónica, en 1808. Despois de varias aperturas e peches, a escola abriu nunha nova localización, en 1834, cunha ampliación do plan de estudos. O Regulamento do Corpo de Enxeñeiros de Camiños publicouse dous anos máis tarde. O Regulamente incluía o da escola, regulando o seu funcionamento, a duración dos estudos e a estrita disciplina á que debían estar sometidos os alumnos. Juan Subercase ocupou o cargo de director durante once anos, e considéraselle o verdadeiro artífice da reorganización da Escola de Camiños (Escuela de Caminos), á que deu o alto nivel de formación que continúa na actualidade.