Data de emisión: 10 setembro 2014

Efemérides.Bicentenario de la Orden de San Hermenegildo

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides.Bicentenario de la Orden de San Hermenegildo

HISTORIA

EFEMÉRIDES

Dous novos selos da serie Efemérides conmemoran o Segundo Centenario da Real e Militar Orde de San Hermenegildo e o Cincontenario da Creación do Corpo Superior de Estudos da Defensa Nacional.
A Real e Militar Orde de San Hermenegildo foi creada polo rei Fernando VII no 1814, cando finalizou a Guerra da Independencia, para distinguir aos militares que contribuíran na vitoria. O primeiro Regulamento publicouse no ano 1815 e tiña como obxecto premiar a constancia no servizo dos Oficiais dos Reais Exércitos, Armada e Milicias. Tras dous séculos de historia, publícanse distintos regulamentos que se foron adaptando á evolución social das Forzas Armadas. Deste xeito, no 1994 deuse entrada na Real e Militar Orde de San Hermenegildo a todos os Suboficiais dos tres exércitos e da Garda Civil.
O Regulamento vixente na actualidade foi aprobado polo Rei Juan Carlos no ano 2000 e no artigo primeiro sinala que ten como finalidade: “Recompensar e distinguir aos oficiais xenerais, oficiais e suboficiais do Exército de Terra, da Armada, do Exército do Aire, dos Corpos Comúns das Forzas Armadas e do Corpo da Garda Civil, pola súa constancia no servizo e a impecable conduta, a teor do que establecen as Reais ordenanzas das Forzas Armadas”. Esta Orde militar intégrase por Cabaleiros e Damas nas categorías de Gran Cruz, Placa, Encomenda e Cruz.