Data de emisión: 20 outubro 2014

Fauna protegida: Búho real - Nutria - Avutarda - Águila imperial

CONSULTAR TARIFAS

Fauna protegida: Búho real - Nutria - Avutarda - Águila imperial

HISTORIA

FAUNA PROTEXIDA

Catro especies ameazadas de perigo de extinción forman a emisión Fauna Protexida que se presenta por vez primeira nun novidoso prego cos perfís abroquelados de dúas das especies.
O Bufo real é un ave rapaz de vida nocturna que se alimenta principalmente de pequenos roedores, como ratos, leiróns, coellos e esquíos, aínda que tamén caza aves. É de tronco curto e groso, ás anchas, peteiro robusto e curvado para esgazar as súas presas, e poutas moi aguzadas e de grande tamaño. Na súa testa poden verse dous grandes guechos de plumas en forma de V, que lle dan un aspecto moi característico, ademais dos seus ollos grandes e laranxas. Viven nas zonas das grandes fragas illadas do home e aniña en zonas rochosas protexidas da chuvia. Pode medir até 75 cm. de lonxitude e vivir até 20 anos. Conta cun oído moi fino e extraordinaria vista para cazares na escuridade.
A Londra é un mamífero que vive, preferentemente, nas beiras dos ríos nas que hai unha vexetación espesa. Este animal é de corpo grande e lixeiramente aplanado, ten as patas curtas e entre os dedos ten unha membrana interdixital que lle permite nadar. Aliméntanse principalmente de peixes, aínda que tamén comes rás, ratas e aves acuáticas. De pelo escuro, lustroso e impermeable, a londra estivo a piques de se extinguir debido á comercialización da súa pel. É un animal moi sociable e pasa o tempo xogando e escorregándose nas zonas areosas das beiras dos ríos.
A Avetarda é a máis voluminosa das aves ibéricas e unha das voadoras de maior peso, podendo alcanzar ata os 16 quilogramos. O seu hábitat atópase nas extensas chairas de cereais do centro e sur peninsular. Na época de apareo, os machos desenvolven as paradas nupciais, “as rodas”, adoptando forma de bola de plumas brancas e emitindo un reclamo para atraer ás femias. As grandes ameazas para a especie están causadas pola desaparición da agricultura tradicional e ao desenvolvemento urbanístico.
A Aguia imperial, rapaz de grande tamaño, peteiro forte e poutas robustas, é unha das aves máis emblemáticas da Península Ibérica. Vive en zonas boscosas de chaira e media montaña nas que abundan os coellos. A base da súa alimentación é a caza de coellos, réptiles e aves. Pode alcanzar unha envergadura de 2 metros. Aniña en árbores grandes como sobreiras, pinos e eucaliptos. Os postes eléctricos, o veleno nos campos e a destrución do seu hábitat son os seus principais inimigos.