Data de emisión: 24 abril 2014

Gastronomía. Productos de Innovación y Tradicionales

CONSULTAR TARIFAS

Gastronomía. Productos de Innovación y Tradicionales

HISTORIA

GASTRONOMÍA ESPAÑOLA

Durante séculos a cociña francesa ocupou o lugar predominante na gastronomía mundial, até que a mediados de 1990 xurdiu en España unha nova cociña que, pouco a pouco, chegou a ser recoñecida como unha das mellores do mundo. Unha cociña distinguida polas súas propias raíces e que se caracteriza, segundo un dos cociñeiros máis prestixiosos do país, en saber mesturar produtos e creatividade, resultando nunha cociña de autor que revaloriza e innova nos pratos tradicionais.

No ano 2003, o xornal estadounidense The New York Times enxalzaba en primeira páxina a nova cociña española, impulsándoa ao primeiro posto do ranking mundial.

Un dos nosos puntos fortes culinarios débese á variedade de produtos que se atopan no país, como as numerosas hortalizas, froitas, carnes e pescados das distintas augas e costas. A todo isto sumamos unha cociña tradicional rica e variada engrandecida polos pobos que deixaron a súa pegada gastronómica na Península.

Actualmente a nova gastronomía española é unha fonte de recursos económicos, turismo, industria e saúde. O futuro aposta pola transmisión de coñecementos e a innovación, e cada día son máis os establecementos nos que impera, ante todo, a calidade dos pratos e dos produtos.