Data de emisión: 03 xaneiro 2014

III Centenario de la Real Academia Española

CONSULTAR TARIFAS

III Centenario de la Real Academia Española

HISTORIA

CENTENARIOS

En 1713, Juan Manuel Fernández Pacheco, marqués de Villena, fundou a Real Academia Española (RAE) co obxectivo de velar polo idioma español. Así se recolle no artigo primeiro dos seus estatutos que sinala: “Ten como misión principal velar por que os cambios que experimente a lingua española na súa constante adaptación ás necesidades dos seus falantes non quebren a esencial unidade que mantén en todo o ámbito hispánico”. Tras tres séculos de historia, a RAE cumpre coa función de preservar o bo uso e a unidade dunha lingua que se encontra en permanente evolución e expansión, con cerca de 500 millóns de hispanofalantes no mundo.

As actividades da RAE réxense polos Estatutos da institución, cinco desde a súa fundación, que foron evolucionando á par que a cultura e a lingua. O primeiro foi aprobado polo rei Filipe V, en 1715. Os seguintes Estatutos aprobáronse en 1848; 1859; 1977 e o último en 1993, polo rei Xoán Carlos I.

A Academia está constituída, na actualidade, por 46 académicos de número que ocupan unha cadeira asignada a cada unha das letras do alfabeto, tanto maiúsculas como minúsculas. Entre eles hai filólogos, lingüistas, poetas, tradutores, periodistas, físicos, arquitectos, xuristas, actores e directores de teatro. Existen, tamén, as categorías de académicos honorarios e académicos correspondentes, estes últimos en tres modalidades: españois, hispanoamericanos e filipinos e estranxeiros.

En colaboración coa Asociación de Academias de la Lengua Española (ASALE), institución formada por máis de vinte academias de España, América eFilipinas, a RAE publica obras como: Diccionario de la lengua española, Ortografía de la gramática española, Nueva gramática de la lengua española, Diccionario panhispánico de dudas y Diccionario de americanismos. Outra das grandes publicacións é o Diccionario de autoridades, que explica o verdadeiro sentido das palabras, e que é chamado así por incluír citas dos autores que corroboran a definición.

No selo aparece unha imaxe alusiva á misión desta institución: dar sentido a un abecedario, representado polo Diccionario de la lengua española con tres exemplares ordenados como números romanos, que testemuñan o seu terceiro centenario.