Data de emisión: 01 outubro 2014

León, cuna del parlamentarismo

CONSULTAR TARIFAS

León, cuna del parlamentarismo

HISTORIA

LEÓN, BERCE DO PARLAMENTARISMO

No ano 1188, o rei Afonso IX de León convocou, por vez primeira na historia de Europa occidental, aos tres estamentos á Curia Rexia do Reino de León. Con esta convocatoria se lle concedía ao pobo o dereito a intervir nas decisión dos asuntos públicos, dando orixe deste xeito ao sistema parlamentario europeo máis antigo que se coñece.
Os “Decreta” ou “Carta Magna Leonesa” recollen o conxunto de decretos xurdidos da reunión da Curia Rexia celebrada na Basílica de San Isidoro de León, no ano 1188. Estes documentos reflicten un modelo de goberno e de administración no que os representantes do pobo elixidos con voz e voto participaron, por vez primeira, na toma de decisión xunto co rei, a igrexa e a nobreza.
A iniciativa levada a cabo por Afonso IX de León, en plena Idade Media, foi seguida por outros reinos europeos, que non tardaron en convocar Estados Xerais coa participación dos representantes do pobo.
Os documentos históricos leoneses, con máis de 800 anos de antigüidade, foron declarados pola organización internacional da UNESCO como Memorial do Mundo: “O testemuño documental máis antigo do sistema parlamentario europeo”, e recoñeceu a cidade de León como a orixe e berce mundial do parlamentarismo. A organización internacional sinala que os “Decreta” “reflicten un modelo de goberno e de administración orixinal no marco das institucións españolas medievais, nas que a plebe participa por primeira vez tomando decisión ao máis alto nivel, xunto co rei, a igrexa e a nobreza, a través de representantes elixidos en pobos e cidades”.
Afonso IX (1171-1230), rei de León, conseguiu o maior apoxeo para o reino de León durante o seu mandato. Ao longo do seu longo reinado de máis de 40 anos (1188-1230) levou a cabo unha de repoboación e de concello que contribuíu á transformación da sociedade e a aumentar os recursos dos municipios.
No ano 1988, o correo español emitiu un selo dedicado a lembrar os 800 anos das primeiras cortes do Reino de León.
A emisión actual ilústrase cunha composición na que se solapan a Basílica de San Isidoro, o emblema do Concello leonés e os escanos parlamentarios.