Data de emisión: 22 maio 2014

Marca España. Arte

CONSULTAR TARIFAS

Marca España. Arte

HISTORIA

MARCA ESPAÑA

ARTE

Na mente de millóns de persoas o concepto de arte evoca España, ou o que é o mesmo, as súas múltiples manifestacións artísticas, sexan pasadas ou presentes. España é un dos países referentes no mundo da arte e a cultura, e dende hai unas décadas, tamén no ámbito deportivo.

As diferentes civilizacións que se asentaron na península Ibérica deixaron un poso cultural, ben por asimilación ou por mestizaxe, e os artistas de todas esas épocas, foron creando os trazos comúns que definen o que chamamos arte español.

A eclosión tivo lugar durante o Século de Ouro, período no que durante case dous séculos vanse suceder, dentro dos movementos renacentista e barroco, unha lexión de grandes artistas, tanto na literatura como nas artes visuais, a arquitectura e a música. Nesta mesma época a actividade colonizadora do noso país posibilitou que a arte e a cultura española calasen até conformar o ámbito hispánico.

Os aires decimonónicos trouxeron viaxeiros, artistas e escritores estranxeiros que descubriron, enxalzaron e difundiron as grandes obras artísticas españois a os seus creadores. Baixo a éxida do trío de mestres xeniais da pintura: o Greco, Velázquez e Goya, un numeroso e heteroxéneo conxunto de arquitectos, escultores, pintores e músicos e as súas respectivas creacións pasaron a representar a imaxe de España no exterior.

A nómina de artistas españois de fama mundial acrecentouse durante o século XX e continúa na actualidade abrindo camiño nas distintas disciplinas enmarcadas dentro da Arte: de Picasso, Dalí e Miró a Tápies e Barceló, de Gaudí a Moneo e Calatrava, de Gargallo e González a Oteiza e Chillida, de Falla e Turina a Halfter e Bernaola, de Buñuel e Berlanga a Almodóvar e Amenábar, de Cristóbal Balenciaga e Paco Rabanne a Modesto Lomba, dende Juan María Arzak até David Muñoz, pasando por Ferrán Adrià…

A Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S. A. quere destacar a importancia da arte poñendo en circulación este selo, que se emite dentro da serie Marca España, que está dedicada ao A de Arte, coas características propias desta emisión: o “ñ” en marca de auga, as cores distintivas da Marca España e a incorporación dunha viñeta. No selo reprodúcese un detalle das Meninas de Velázquez, unha das obras pictóricas máis coñecidas do mundo.