Data de emisión: 11 novembro 2014

Navidad

CONSULTAR TARIFAS

Navidad

HISTORIA

id="1413982776622S"NADAL

O primeiro selo dedicado ao Nadal púxose en circulación no ano 1955, e dende entón a serie é emitida de maneira regular excepto nos catro primeiros anos, e xa é un dos temas máis compartidos con outros moitos países. Durante todos estes anos, os selos reproducen imaxes de cadros de famosos pintores, retablos de igrexas e catedrais, figuras de beléns, pinturas murais, esculturas e distintos abxectos decorativos relacionados co Nadal.
A emisión actual conta con dous selos autoadhesivos, un de deseño clásico e outro moderno, que presentan distintas características.
O selo de tarifa A ilústrase cunha vidreira que representa unha escena típica do nacemento do Neno Xesús, coa Virxe María e San Xosé, e vai acompañada coa mensaxe Bo Nadal nas catro linguas oficiais de España. Para acentuar o colorido e dar maior profundidade á imaxe da vidreira engadiuse cold foil na impresión do selo.
O selo da tarifa B preséntase en formato de miniprego, composto por seis selos iguais que unidos forman unha árbore de Nadal. O conxunto do miniprego enmarca unha felicitación de Nadal chea de bos desexos “Ilumina o teu Nadal”. Nesta emisión introduciuse tinta térmica como novidade. Esta sustancia consegue crear a sensación de iluminar as estrelas, aparecendo estas sobre o selo cando pasamos o dedo por elas.
A comunidade cristiá celebra o Nadal ou Nacemento de Cristo o 25 de decembro. Nalgúns países como España, Italia, Filipinas ou en América Latina, existe a tradición de montar un belén con figuras representativas do Nacemento do Neno Xesús, acompañadas con anxos, pastores, os Reis Magos e personaxes típicas de cada lugar. Noutros países como Alemaña, Francia e no norte de Europa, o costume é decorar unha árbore de Nadal, xeralmente da familia das coníferas, por ser de folla perenne e simbolizar a idea de eternidade.
Hoxe en día, o Nadal traspasa o ámbito relixioso e é unha das festas máis grandes arraigadas na sociedade.