Data de emisión: 20 xaneiro 2014

Personajes. Fray Junípero Serra

CONSULTAR TARIFAS

Personajes. Fray Junípero Serra

HISTORIA

PERSONAXES

Os nomes de frei Junípero Serra, do que se conmemora o 300 aniversario do seu nacemento, e Pedro Cieza de León, conquistador e cronista das Indias, forman esta emisión dedicada a Personaxes.

Frei Junípero Serra, bautizado como Miquel Joseph, naceu en Petra (Mallorca), en 1713, e morreu en Monterrey, California, en 1784. Estudou cos franciscanos, orde na que ingresou como relixioso e cambiou o nome ao emitir os votos. En 1749 foi destinado con outros franciscanos a Nueva España, actual México, onde exerceu de misioneiro en Sierra Gorda (Queretano) e dedicouse ao apostolado por distintas zonas do país. Tras a expulsión dos xesuítas de Nueva España (1767), frei Junípero e outros relixiosos foron enviados a Baja e Alta California para fundar unha serie de misións que chegaron ata a baía de San Francisco (EE UU). Co paso do tempo, estas misións convertéronse en cidades tan importantes como San Diego, Los Angeles, San Francisco ou Sacramento. As misións establecéronse de forma pacífica e, á par que a conversión dos poboadores ao catolicismo, os relixiosos proporcionáronlles sementes e animais, e instruíronos nos labores da labranza, a gandería, a albanelería e a confección de tecidos. Foi beatificado en 1988 polo papa Xoán Paulo II.

No selo figura unha imaxe de frei Junípero e un mapa de Baja California.