Data de emisión: 20 xaneiro 2014

Personajes. Pedro Cieza de León

CONSULTAR TARIFAS

Personajes. Pedro Cieza de León

HISTORIA

PERSONAXES

Os nomes de frei Junípero Serra, do que se conmemora o 300 aniversario do seu nacemento, e Pedro Cieza de León, conquistador e cronista das Indias, forman esta emisión dedicada a Personaxes.

Pedro Cieza de León (Llerena, Badaxoz, 1520 – Sevilla, 1554), de familia acomodada, partiu con apenas 15 anos cara a América como soldado. Co conquistador Alonso de Cáceres participou na expedición de San Sebastián de Buenavista e Urate; e con Jorge Robledo fundou as cidades de Anserma, Cartago e Antioquia, en Colombia. En 1548 encamiñouse cara a Lima (Perú), onde foi nomeado cronista oficial das Indias. Durante dous anos percorreu Perú e Bolivia recollendo relatos e información directa dos indíxenas para escribir a súa obra. Ao seu regreso a España, en 1551, estableceuse en Sevilla, onde dous anos máis tarde (1553) publicou a Primera parte de la crónica del Perú. Morreu ao ano seguinte deixando a obra inédita. A segunda e terceira parte da Crónica de Perú foron publicadas nos séculos XIX e XX, respectivamente. A obra caracterízase pola súa ecuanimidade e, ademais de histórica, trata en profundidade temas de xeografía, etnografía, flora e fauna da rexión andina.

O selo ilústrase cunha escultura do cronista, á cal se engade a simboloxía da pluma, tendo como fondo a praza do Concello de Llerena (Badaxoz).