Data de emisión: 07 novembro 2014

Valores Cívico Escolares. Platero y Yo

CONSULTAR TARIFAS

Valores Cívico Escolares. Platero y Yo

HISTORIA

VALORES CÍVICOS ESCOLARES

Promover e resaltar a importancia que deben ter os Valores Cívicos Escolares entre os nenos e xoves é a principal mensaxe lanzada nesta serie, que se emite por segundo ano consecutivo. Deste xeito, úneselles á emisión anterior de Lectura, valores como o compañeirismo, o respecto, o fomento do deporte e da seguridade vial.
A folla bloque está ilustrada cun retrato do escrito Juan Ramón Jiménez, realizado por Xoaquín Sorolla, en 1916, pertencente á Hispanic Society, de Nova York. No selo aparece o burriño protagonista do libro Platero y yo, no que destaca a cor da flor barnizada en foil.
A familia de Juan Ramón Jiménez (Moguer, Huevla, 1881 – San Juan de Puerto Rico, 1958) era culta e acomodada, e comezou estudos de dereito. Abandonounos moi pronto para dedicarse á literatura. No ano 1900 marcha a Madrid e entra en contacto cos poetas modernistas, sentindo grande admiración por Rubén Darío. Tiña un carácter moi solitario e intimista, e publicou as súas primeiras obras marcadas polo romanticismo. Despois de pasar por distintos lugares e recuperarse dunha crise depresiva, no ano 1911 regresou a Madrid, onde se sentiu atraído polo ambiente intelectual da Residencia de Estudantes. Son anos de intensa actividade creadora e de depuración de estilo literario, con títulos como: Elexías, Pastorais e Estío.
O ano 1916 viaxou aos Estados Unidos e casou con Zenobía Campubrí, a súa compañeira incondicional, que marcou o cambio decisivo na vida e obra do autor. O libro de poemas Diario de un poeta recién casado (1917), ao que cambiou o título por Diario de poeta y mar, marcou as dúas etapas nas que se tende a dividir a súa obra: a poesía sensitiva, da súa primeira época; e a intelectual, a partires de 1916, ás veces difícil de entender. Anos máis tarde publicou os Cadernos, con poemas, cartas e lembranzas literarios. Dende a guerra civil até a súa morte, o poeta residiu en Cuba, os EEUU e Porto Rico. No ano 1956 concedéronlle o Premio Nobel de Literatura.
Platero y yo publicouse como lectura infantil, no ano 1914, co título Elegía Andaluza e en edición completa, no ano 1971. Escrito en prosa lírica, cun estilo rico e abundantes figuras retóricas, recrea a relación de amizade entre o burriño Platero e o seu dono, o narrador, estando presentes as vivencias de ámbolos dous, as anécdotas e a natureza de Moguer e o seu entorno ao longo do texto.