Data de emisión: 17 xullo 2014

Vehículos de época

CONSULTAR TARIFAS

Vehículos de época

HISTORIA

VEHÍCULOS DE ÉPOCA


Unha folla bloque con tres selos, que reproducen distintos modelos e detalles da motocicleta Harley-Davidson, forman esta emisión dedicada a Vehículos de época.
O nome de Harley-Davidson é un nome mundialmente coñecido no mundo da moto, sendo a marca máis emblemática de cantas teñen existido e continúan no mercado. A súa lenda comeza no estado de Wisconsin (EEUU), cando William Harley e os irmáns Davidson (Walter, William e Arthur), todos con experiencia profesional nos distintos eidos de mecánica, utillaxe, debuxo e modelismo, deciden asociarse e compartir os seus coñecementos para fabricar unha moto. No 1903 o proxecto fíxose realidade cando despois de varios anos de traballo finalizan a primeira motocicleta: unha monocilíndrica de 400 cm. cúbicos e 3 cabalos de potencia. Así nacía o mito dunha motocicleta asociada a un xeito de vida que evolucionou ao longo de máis de cen anos de fabricación. O nome das primeiras Harley-Davidson foi “Silent Grey Fellow”, en referencia ao color gris da súa pintura e ao seu funcionamento silandeiro.
Harley-Davidson continuaron a perfeccionar as súas motocicletas e anos máis tarde presentou o motor bicilíndrico en “V”, que produce un son característico e constitúe a base de case todos os modelos fabricados até a actualidade. Foron pasando os anos e apareceron novas series nas que se introduciron materiais tan característicos coma as ferraxes de aceiro forxado, as tixas con amortecedores, os cromados, os guiadores altos e longos, e as calcomanías e pinturas decorativas nos depósitos do combustible. A resistencia e a solidez converteuse en característica de marca. Na Primeira Guerra Mundial, a Compañía vendeu gran parte da súa produción ao exército dos Estados Unidos, e como curiosidade, decatouse de que o primeiro soldado americano que entrou en Alemaña, tras a sinatura do armisticio, fíxoo nunha Harley-Davidson.
Na década de 1950, tras o falecemento dos creadores, a Compañía iniciou unha etapa cunha nova xeración de responsables ao fronte da empresa e a Harley-Davidson continuou producindo modelos de motocicletas que chegaron a dominar o mundo das estrada. Os principais países importadores son o Canadá, Alemaña, o Xapón e Australia.