Data de emisión: 26 xuño 2015

Año Internacional de los Suelos

CONSULTAR TARIFAS

Año Internacional de los Suelos

HISTORIA

ANO INTERNACIONAL DOS SOLOS


A filatelia española únese á mensaxe de Nacións Unidas que declarou 2015 "Ano Internacional dos Chans". A imaxe recrea o contraste dun solo fértil, con froitos alimenticios producidos por este e un bosque rico en especies vexetais, fronte a un solo fendido e desértico como consecuencia da degradación do ecosistema. Como novidade, no selo insírense varias sementes de petunia xunto ao lema que di: "Rexenera o solo. Plántame.
A Organización da Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) é a encargada de promover o Ano Internacional dos Solos 2015, que ten como principais obxectivos: concienciar a sociedade e os gobernos da importancia que os solos teñen para a vida humana; educar sobre o papel que desempeña o solo na seguridade alimenticia, o ecosistema e o desenvolvemento sostible; apoiar políticas e accións eficientes para a protección dos solos e fomentar investimentos para desenvolver e manter os solos saudables.
O solo é a capa superficial da codia terrestre que se considera produtiva. É o medio no que as plantas se establecen e crecen, e a súa función máis importante é a produción de alimentos. A súa composición baséase en materias inorgánicas ―como a area, o limo ou as rochas― materias orgánicas, aire, auga e organismos vivos, que contribúen a determinar o tipo de solo e a súa produción. Considérase que o solo é un recurso non renovable, xa que un centímetro deste pode tardar máis de mil anos en formarse.
Na actualidade os solos encóntranse en perigo debido á expansión das cidades, a deforestación, a contaminación e o cambio climático. Ante esta situación, a FAO alerta da necesidade de adoptar novas medidas sobre a superficie mundial de terra cultivable, xa que de non ser así existen riscos de non poder satisfacer as necesidades alimenticias das futuras xeracións.
Os solos sans son a base para a produción de alimentos saudables, fibras e produtos médicos, pero tamén sosteñen a biodiversidade do planeta, axudan a combater o cambio climático polo seu papel no ciclo do carbono e almacenan e filtran a auga, polo que desempeñan un papel importante ante as secas.