Data de emisión: 01 abril 2015

Cine Español

CONSULTAR TARIFAS

Cine Español

HISTORIA

CINE ESPAÑOL

O director de cine José Luis Borau e o actor Paco Martínez Soria personifican a serie Cine Español que rende homenaxe aos grandes nomes da cinematografía.
Jose Luis Borau (Zaragoza, 1929-Madrid, 2012) licenciouse en Dereito na súa cidade natal, na que exerceu durante algún tempo como crítico de cine en El heraldo de Aragón. Tras establecerse en Madrid, estuda no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas (posteriormente Escola Oficial de Cinematografía) e presenta como prácticas de fin de carreira a curtametraxe En el río. As súas dúas primeiras películas: o western Brandy e a policíaca Crimen de doble filo acadan pouco éxito comercial. En 1967 funda a súa propia produtora, El Imán, e durante varios anos filma documentais e publicidade, ata que en 1974 roda a primeira película que considera estritamente persoal Hay que matar a B. . O maior éxito chégalle con Furtivos, considerada unha das grandes películas do tardofranquismo e coa que obtén a Cuncha de Ouro no Festival de Cine de San Sebastián (1975). Catro anos máis tarde regresa con La Sabina e en 1984 dirixe a coprodución hispanoamericana Río Abajo, rodada en inglés. Continúa con títulos como Tata mía, Niño nadie e Leo, pola que lle outorgan o Premio Goya á mellor dirección. Entre 1994 e 1999 foi presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas, anos máis tarde presidiu a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) e en 2008 foi nomeado académico da Real Academia Española.
Imaxe de Jose Luis Borau: © Enrique Cidoncha, VEGAP, Madrid, 2015

Paco Martínez Soria (Tarazona, Zaragoza, 1902-Madrid, 1982), actor e empresario de teatro, comeza a súa vida artística nos escenarios de Barcelona. En 1938 debuta coa obra El infierno, de Antonio Paso, e en 1940 funda a súa propia compañía teatral. Entre 1942 e 1944 é nomeado director e primeiro actor da compañía titular do Teatro da Zarzuela, polo que se converteu nun dos actores máis aclamados polo público. No cine interpretou decenas de películas de gran popularidade, como: El turismo es un gran invento, Abuelo made in Spain ou Se armó el Belén e La ciudad no es para mí chegou a ser unha das de maior éxito. Da década de 1970 figuran títulos como Hay que educar a papá, El abuelo tiene un plan ou Vaya par de gemelos. A súa última actuación foi en La tía de Carlos. Entrañable e carismático, encarnou o personaxe de pailán coma ningún outro actor.
Imaxe Paco Martínez Soria: Imaxe extraída do fotograma da película Estoy hecho un chaval cedida por Video Mercury Films