Data de emisión: 07 maio 2015

Dinosaurios

CONSULTAR TARIFAS

Dinosaurios

HISTORIA

Ver vídeo Sello "Dinosaurios" con RA (Realidad Aumentada)

¿Qué son los sellos con Realidad Aumentada?

Ankylosaurus: sello con efectos escamas y RA - matasellos - sobre primer día

Tyrannosaurus: sello en 3D y RA - matasellos - sobre primer día

Tryceratops: sello efecto esqueleto fosforescente - matasellos - sobre primer día

Diplodocus: sello en 3D y RA - matasellos - sobre primer día

4

DINOSAUROS
Houbo un tempo en que a Terra estivo habitada por estraños animais prehistóricos que se extinguiron subitamente hai uns 65 millóns de anos. Eran os dinosauros ou "lagartos terribles", palabra composta procedente do grego e utilizada por primeira vez polo científico Richard Owen, en 1842. Esta serie filatélica continuará o próximo ano e emítese con novidosas técnicas de impresión, como fosforescencia nos selos, textura de escamas, 3D e realidade aumentada (RA).
O Ankylosaurus ou lagarto acoirazado tiña unha pel que semellaba unha armadura e unha cola que remataba nunha especie de mazo. Podía medir ata 9 metros de longo e pesar 6 toneladas. Era cuadrúpede, coas patas traseiras máis longas que as dianteiras; de corpo baixo e moi ancho, e cabeza en forma de triángulo, máis ancha que longa. Era herbívoro, de dentes pequenos e carecía de molares.
O Tyrannosaurus foi un dos maiores depredadores e o máis coñecido dos dinosauros. Alcanzaba máis de 12 metros de longo e un peso de 8 toneladas. Posuía un enorme cranio e unha cola pesada e longa, con máis de 40 vértebras, que lle servía para equilibrar o corpo. Carnívoro bípede, os membros superiores eran pequenos, en tanto que os traseiros eran moi longos en proporción co corpo. Excelente cazador, o seu colo era musculoso e curto, en forma de s.
O Tryceratops ou "cara de tres cornos" distinguíase por ter unha plataforma cranial posterior, chamada gola, e tres cornos: un no fociño e dous sobre os ollos, que podían medir máis dun metro. Era de corpo rexo e grande, con catro patas vigorosas. O tamaño da cabeza representaba un terzo da súa lonxitude. Era herbívoro.
O Diplodocus era un dos máis longos e podía medir ata 36 metros. Tiña catro patas robustas, as dianteiras lixeiramente máis curtas que as traseiras, o colo longo e unha cola extremadamente longa rematada en forma de látego.
Os dinosauros dominaron a Terra durante a era mesozoica ou secundaria. Extinguidos por completo, os fósiles achados en todos os continentes e o traballo dos científicos permitíronnos coñecer como viviron estes animais.