Data de emisión: 17 xuño 2015

Efemérides. 400 Años de la Casa de Moneda de Madrid

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 400 Años de la Casa de Moneda de Madrid

HISTORIA

EFEMÉRIDE


No IV Centenario da Casa da Moeda (1615-2015) emítese unha folla bloque que conmemora a fundación desta entidade dedicada á fabricación de moedas e billetes. Para o fondo da folla bloque utilizouse o plano da Vila de Madrid, realizado por Pedro Teixeira en 1656. No selo reprodúcese un retrato do duque de Uceda, primeiro responsable da Casa.
A Casa da Moeda de Madrid foi fundada por unha Real cédula de Filipe III do 18 de febreiro de 1614. As súas instalacións encontrábanse na rúa de Segovia, ao pé do actual viaduto, onde o 3 de abril de 1615 se iniciou a cuñaxe das primeiras moedas de 2 escudos de ouro e 4 reais de prata. Filipe III nomeou tesoureiro desta, con carácter hereditario, ao duque de Uceda. Nacía, así, a Ceca madrileña que coexistiu, ata que se adoptou a peseta como moeda nacional, con outras casas de moedas, ou cecas, existentes en España e Indias.
As instalacións da madrileña rúa de Segovia prestaron servizo durante preto de 250 anos, ata que se construíu un novo edificio industrial na praza de Colón, que foi inaugurado pola raíña Isabel II en 1861. O edificio foi compartido dende o principio coa Fábrica do Selo. Estas dúas institucións, a Casa da Moeda de Madrid e a Fábrica do Selo, foron independentes ata 1893, data en que a raíña rexente, María Cristina, as uniu baixo o nome de Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). Co paso dos anos, as instalacións da praza de Colón quedaron obsoletas e construíuse un novo edificio na rúa de Jorge Juan, a súa sede actual, que foi inaugurado en 1964.
Ao longo destes 400 anos de historia, a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda foise innovando paulatinamente e adaptouse ás novas tecnoloxías e sistemas de seguridade esixidos. Á fabricación de billetes e moedas únense os selos de Correos, o documento nacional de identidade, o pasaporte, os boletos da Lotaría Nacional, bingo e apostas do Estado. Na década de 1990, e para permitir o comercio electrónico, desenvolveu a fabricación de tarxetas con chip e o servizo de Certificación Electrónica Española (CERES).