Data de emisión: 19 xullo 2015

Efemérides. 61 Certamen Internacional de Habaneras y Polifonía

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 61 Certamen Internacional de Habaneras y Polifonía

HISTORIA

61º CERTAME INTERNACIONAL DE HABANEIRAS E POLIFONÍA
Con motivo do 61º Certame Internacional de Habaneiras e Polifonía, que ten lugar anualmente en Torrevieja (Alacant), emítese un selo conmemorativo do concurso. A imaxe ten como fondo un ambiente mariñeiro e destaca, en primeiro plano, a escultura de La Bella Lola. Esta obra encóntrase en Torrevieja e rende homenaxe ás mulleres que esperan o regreso das súas persoas máis queridas que traballan no mar. A Bella Lola é o título, tamén, dunha coñecida habaneira.
A historia do certame musical de Torrevieja iníciase en 1955, cando por primeira vez se realiza o concurso co fin de difundir a imaxe da cidade e atraer o turismo que comezaba a facer a súa aparición na costa mediterránea. As primeiras edicións tiveron carácter nacional e levaron por nome "Certame de Habaneiras de Torrevieja". Varias décadas máis tarde, e ante o éxito conseguido, o encontro musical pasou a ser internacional e ampliou a cualificación a "Habaneiras e Polifonía". O concurso conta cunha participación nacional, na que teñen cabida os coros de todas as provincias españolas, e unha participación internacional, na que concorren coros dos cinco continentes. Na 60ª edición, o certame foi declarado de "Interese Turístico Internacional".
Na área de representación nacional, a maior parte dos grupos distínguense por ser afeccionados, en tanto que os directores son profesionais consagrados no mundo da música. Non obstante, na categoría internacional predominan as agrupacións profesionais. Entre estas figuran corais de recoñecido prestixio de Estados Unidos, Cuba, Venezuela, Arxentina, Lituania, Austria e Polonia, entre outros moitos países. Unha nota característica é que as corais locais de Torrevieja participan sempre fóra de concurso.
En 1994 organizouse por primeira vez o "Certame Nacional de Habaneiras Infantil e Xuvenil" que conta, á súa vez, coas categorías de nacional e internacional. Máis recentemente, e para fomentar a música entre os máis pequenos, o Padroado que rexe o certame creou a Escola Coral Municipal.