Data de emisión: 13 marzo 2015

Exfilna 2015

CONSULTAR TARIFAS

Exfilna 2015

HISTORIA

EXFILNA 2015

Con motivo da Exposición Filatélica Nacional, Exfilna 2015, que este ano se celebra en Avilés (Asturias), ponse en circulación unha folla bloque con dous selos que inclúen a letra "ñ" distintiva da Marca España. As imaxes, trazadas de forma moi lineal, interpretan unha rúa típica da zona antiga da vila, cuxo conxunto histórico artístico conta con rúas e prazas porticadas, igrexas e pazos que invitan a un paseo pola historia dende a época medieval.
Exfilna 2015 foi organizada polo Grupo Filatélico Avilesino e contou coa colaboración e o patrocinio da Federación Española de Sociedades Filatélicas (Fesofi) e de Correos, entre outras institucións. Na mostra, a máis importante de cantas se celebran en España, participan os coleccionistas que pertencen a algunhas das sociedades filatélicas integradas en Fesofi. Esta federación, de ámbito nacional, agrupa máis de 250 asociacións filatélicas de toda España.
Exfilna 2015, xa na edición número 53º, presenta como punto de referencia a conmemoración do "450 Aniversario da Fundación de San Agustín de la Florida", cidade irmandada con Avilés e fundada, en 1565, polo explorador Pedro Menéndez de Avilés, oriúndo da vila.
Na Clase de Competición, que comprende todas as áreas do coleccionismo divididas en grupos, participan un total de 139 coleccións, ademais de 19 contribucións en Literatura Filatélica. Como novidade, na presente edición participa como país invitado Italia, a través da Federazione fra lle Società Filateliche Italiane, con oito coleccións xerais e unha de Literatura Filatélica. Así mesmo, o Comité de Honra conta coa presidencia dos novos reis de España, Filipe VI e Letizia.
A primeira Exposición Filatélica Nacional (Exfilna) tivo lugar en Madrid, en 1963, e ao longo de todos estes anos celebrouse en distintas cidades e localidades españolas vinculadas coa filatelia. Esta é a segunda vez que Avilés acolle a mostra, tras a que se presentara anteriormente no ano 2000.